Demandas
Turismo de difamación
31 de Maio de 2008
Que facer cando se quer silenciar unha persoa e as leis sobre difamación son pouco estritas? Ir onde as leis beneficien o demandante. Foi o que fixo Sheik Khalid bin Mahfouz, un rico empresário saudi acusado de financiar grupos terroristas no libro de Rachel Ehrenfeld 'Financiando o Mal'. Levou o caso ao Reino Unido (onde só vendera unha presa de exemplares) e gañou. En 2005 a autora foi obrigada a pedir desculpa, destruir os exemplares restantes e indenizar bin Mahfouz, que tiña experiéncia sobrada nestas lides pois xa fixera o mesmo outras duas dúcias de veces e sabe que no seu país (os EUA), a autora estaria protexida pola Primeira Emenda. Agora a Cambridge University Press acaba de destruir o libro Alms for Jihad: Charity and Terrorism in the Islamic World (Esmolas para a jihad: caridade e terrorismo no mundo islámico), pola ameaza de demanda do próprio bin Mahfouz.
Xa en 1996 o multimilionário Boris Berezovsky demandara en Londres a revista Forbes por un artigo intitulado “Godfather of the Krelim” (“O padriño do Kremlin) ainda que a revista ten a sede en Nova York e no Reino Unido vende un número reducido de exemplares.
A raiz do caso Ehrenfeld, o estado de Nova York aprovou o pasado mes de Abril a Lei de Turismo da Difamación e o Terrorismo, que estipula que os vereditos por difamación no estranxeiro non se poden facer valer neste estado a menos que a lei estranxeira ofereza a mesma protección à liberdade de palabra que garantizan a constituición estado-unidense e a de Nova York.
Mais información, na páxina da IFEX.
Categoría: Xeral |
