Statewacht
UE: controlo permanente
28 de Abril de 2008
“Vemos como emerxe na UE unha situación en que aquelas persoas que, no exercício do seu direito democrático a participar en actos de protesta noutros países, atravesen as fronteiras van ser obrigadas a facer frente a polícias para-militares agresivas, vixiláncia, detención preventiva e expulsión. Isto non é mais do que o reflexo da definición do conceito de “seguranza” en encontros internacionais, que abranxe tanto o “anti-terrorismo” como a “orde pública”. Se no 2003 se acordara a troca bilateral de información, o que agora se propón non é xa un intercámbio de información para un acto concreto mais unha base de dados permanente de todas as persoais suspeitosas de poder causar problemas, o que é inaceitável nunha Europa Democrática”, afirma Tony Bunyan, Presidente de Statewacht, en referéncia a proposta alemá de criar unha base de dados europea con información de todas as persoas "suspeitosas, acusadas ou convictas de ter cometido algun delito."Ler aqui os antecedentes e o contido desta proposta do governo alemán.
Categoría: Xeral |
