Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


UN DE CADA MIL

28 de Setembro de 2007
“A secretaria de Estado para a Seguranza e os servizos de Asuntos Internos da Policia e a Guarda Civil abriron, entre o 1º de Xaneiro e o 25 de Setembro deste ano, 132 expedientes a outros tantos funcionários acusados de abusos, maus tratos ou torturas a persoas detidas sob custódia policial”, informa La Voz de Galicia, que recolle asi mesmo os dados da Coordenadora para a Prevención da Tortura relativos ao pasado ano.

Por outra parte, a reforma do Protocolo para evitar os abusos policias que acaba de facer pública o Ministério de Interior, permite a utilización de bridas de plástico (mui criticada polas asociacións de direitos humanos) e non menciona a gravación de interrogatórios e estadias no calabouzos (reiteradamente solicitada por organismos internacionais e asociacións cívicas) para comprovar que non se producen maus tratos e torturas.

Categoría: Xeral