Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


MpDC

Unha denúncia por semana

29 de Maio de 2008
”O Defensor do Pobo vén de acepta unha queixa presentada polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) contra a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), quen leva meses sen resolver un asunto relacionado coas cámaras destinadas ao control do tráfico do Concello da Coruña. A AEPD esgotou todos os prazos legais dos que a administración dispón para resolver as cuestións presentadas polos cidadáns, mais non ofreceu resposta algunha a Dereitos Civís.



O Defensor vaise dirixir agora a Protección de Datos para investigar porque este organismo non acusou recibo da queixa, como está obrigado a facer segundo a normativa de procedemento, nin respostou dentro do prazo marcado pola lei. Hai que lembrar que o MpDC iniciou unha campaña de envío masivo de denuncias de cámaras ilegais á Axencia, para denunciar o colapso que existe neste organismo, con ducias expedientes acumulados e sen resolver mentres se continúan a vulnerar os dereitos fundamentais dos cidadáns. O Obxectos da asociación é que a AEPD tome medidas para paliar a parálise funcional na que se atopa, xa que asegurar contar só con 14 funcionarios para resolver todos os expedientes e solicitou á Dereitos Civís que limite os seus escritos a un por semana, informa o Movemento polos Dereitos Civís

Categoría: Xeral