Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


VALEDOR DO ALCALDE?

14 de Marzo de 2008
“Dereitos Civís rexeita os argumentos expostos polo Valedor do Pobo para pechar o expediente de investigación aberto contra o Concello de Vigo pola limitación do dereito de acceso aos veciños a un pleno municipal. Segundo a resposta trasladada ao MpDC, a institución arquivou o caso ao dar por válidas as afirmacións do alcalde vigués, quen aseguraba que non existiu vulneración dos dereitos dos veciños e que os métodos empregados non foron “en ningún caso discriminatorios”. Non obstante, dende o organismo informouse aos medios que se arquivara a investigación porque había un proceso xudicial polo medio, e “neses casos non debe actuar””, denuncia o MpDC, que critica a decisión do Valedor e salienta as contradicións en que este incorre.

Categoría: Xeral