VITÓRIAS PACIFISTAS NA GUERRA LEGAL
22 de Outubro de 2006
Segundo informa George Monbiot (The Guardian 17.10.2006) “os tribunais comezan a recoñecer que a guerra contra o Iraque é ilegal”.O xornalista basea a sua afirmación en várias resolucións ditadas por tribunais europeus (ingleses, irlandeses e escoceses) en que se recoñecen como non ilegais accións de sabotaxe realizadas por militantes pacifistas en bases militares con o fin de inutilizar avións e armamento destinado a guerra contra o Iraque.
Asi mesmo, informa Monbiot, un tribunal alemán declarou legal a negativa de un comandante do exército deste país a obedecer ordes que poderian significar unha colaboración indirecta con as tropas invasoras.
Categoría: Xeral |
