VULNERADOS DIREITOS IMIGRANTES
26 de Agosto de 2006
O artigo 57.6 da Lei de Estranxaria estabelece que “non poderán ser expulsadas as mulleres grávidas cando a medida poda supor un risco para a xestación ou para a saúde da nai”, encanto o artigo 153.5 do Regulamento de Estranxaria estipula a obrigación de anular o internamento no momento de se coñecer que a expulsión non poderá ser executada.
Ora ben, estas eran precisamente as circunstáncias da imigrante retida no Centro de Internamento de Málaga que o pasado 2 de Agosto, devido ao evidente risco de aborto, non pudo declarar como testemuña no caso seguido contra axentes do estado por supostos abusos a várias mulleres internas nese centro: legalmente a expulsión non podia ser executada e, en consecuéncia, a muller non podia ser obrigada a permanecer retida no centro de internamento.
Mais non pareceu entendé-lo asi o Sr. Hilario López Luna, subdelegado do Governo en Málaga, quen, apesar da evidéncia do risco para a xestacion (a muller abortou poucos dias despois), non só non paralisou a orde de expulsión senón que retivo a imigrante no Centro.
Agora várias organizacions andaluzas (Andalucía Acoge, Derechos Humanos e Médicos do Mundo) peden a demisión do sr. López Luna por ter vulnerado, con tan lamentável atitude, os direitos desta importante testemuña no proceso que se segue contra os presumíveis autores de actos cuxa gravidade non é preciso subliñar.
Categoría: Xeral |
