VULNERADOS DIREITOS IMIGRANTES (II)
18 de Maio de 2007
Despois de tres meses, ainda permanecen recluídas nun armacén de peixe, sob custódia das autoridades españolas, 23 persoas que se negaron a asinar a sua repatriación voluntária despois de que o governo Zapatero negociara con Mauritánia o desembarco das 369 ocupantes do Marine I.Ninguén as informou dos seus direitos nen se lles facilitou o aceso a un procedimento de asilo con todas as garantias, apesar de todas elas teren mostrado temor polas suas vidas se finalmente son devoltas ao país de orixe. Segundo Médicos do Mundo a incertidume sobre o seu futuro afecta xa seriamente a saúde mental destas 23 persoas.
A Audiéncia Nacional desestimou o recurso apresentado por CEAR, en que solicitava medidas cautelarísimas extraordinárias perante os claros indícios que existen de estas persoas precisaren de protección internacional.
Categoría: Xeral |
