Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


SOBRE OS SUCESOS DE ROSARNO

Violéncia, racismo e mentiras

25 de Xaneiro de 2010

A raiz dos graves acontecimentos que tiveron lugar os dias 7 e 8 de Xaneiro de 2010 en Rosarno (Itália), no decurso dos cais traballadores migrantes foron vítimas de violéncia racista, e no cadro da sua campaña "Polo direito de fiscalización dos lugares de detención", Migreurop organizou unha misión internacional de observación composta por tres europarlamentares, un deputado italiano e tres asociacións europeas.
As provas recollidas pola comisión dan conta das graves condicións de explotación nas actividades agrícolas que realizan os traballadores migrantes, das condicións desumanas e degradantes en que eran aloxados e da segregación a que eran submetidos.
A misión constatou tamén as mentiras do governo italiano sobre a situación do tratamento dispensado às persoas feridas e sobre a actuación das forzas policiais que o governo tentou disfarzar como medidas de protección aos migrantes.
A comisión insta a realización de unha investigación séria sobre os sucesos de Rosarno e unha análise dos procesos que levan a submeter a unha situación de virtual escravatura en condicións infraumanas os nacionais de África empregados nas explotacions agrícolas do sul de Itália e noutros lugares de Europa.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral