THE ELDERS
Visita a Palestina
30 de Xullo de 2009
The Elders, o grupo de dirixentes reunidos por Nelson Mandela, acaba de anunciar a visita que a finais do próximo mes de Agosto realizará unha delegación do colectivo a Israel, Cisxordánia e Gaza. A delegación estará encabezada por Fernando Henrique Cardoso, ex-presidente de Brasil, e nela participarán Ela Bhatt, Gro Brundtland, Jimmy Carter, Mary Robinson e Desmond Tutu.
O colectivo The Elders constitui-se en 2007 por iniciativa de Richard Branson e Peter Gabriel e a sua formación foi anunciada por Nelson Mandela en Johannesburg o dia do seu 89 aniversário.
Categoría: Xeral |
