XUSTIZA DENEGADA
26 de Marzo de 2007
Hoxe, 26 de Marzo, terá lugar en Guantánamo a vista incoatória de David Hicks, cidadán australiano prisioneiro en Guantánamo. Trata-se do primeiro detido en ser xulgado conforme à Lei de Comisións Militares (MCA nas suas siglas en inglés), dos 23 posíveis acusados seleccionada para xuízo perante unha comisión militar.No seu Relatório Xustiza postergada e tamén denegada? Amnistia Internacional denuncia a admisión de provas obtidas mediante métodos ilegais que o governo estado-unidense pode manter ocultos. Alguns dos prisioneiros que provavelmente serán procesados perante estas comisións militares permanecerom recluídos durante anos en segredo sob custódia da CIA, cuxas técnicas de interrogatório están clasificadas no nível de “máximo segredo”.
Categoría: Xeral |
