XUSTIZA E SÍMBOLOS RELIXIOSOS
05 de Marzo de 2006
Unhas 3000 persoas de mais de 30 países e numerosas asociacións dos cinco continentes solicitan ao governo italiano a imediata suspensión dos procedimentos xudiciais e disciplinares seguidos contra o xuiz Luigi Tosti, membro do Tribunal de Camerino (Itália), asi como a sua reincorporación às funcións e tratamento de que foi suspendido no mes de Xaneiro por decisión da sección disciplinar do Consello Superior da Maxistratura.Luigi Tosti fora xa anteriormente condenado a 7 meses de prisión e 1 ano de proibición de frecuentar as salas públicas por negar-se a realizar o seu traballo baixo símbolos relixiosos.
ANTECECENTES
O 15 de Agosto de 2005, o papa Benedito XVI afirmava na sua homilia: "É importante que Deus sexa visível nas casas públicas e privadas, que Deus estexa presente na vida pública, con a presenza de cruces nos estabelecimentos públicos.”
O 19 de Novembro de 2005, Benedito XVI e Silvio Berlusconi, ao termo dunha reunión celebrada para “trocar opinións sobre as relacións Igrexa-Estado en Itália”, reafirmavan “a vontade de colaboración das duas partes no cadro do Tratado de Letrán”.
O 18 de Novembro de 2005, o xuiz Luigi Tosti, de 57 anos, foi condenado polo tribunal de Aquila, localidade situada a un centenar de quilómetros de Roma, a 7 meses de prisión e 1 ano de suspensión por se ter negado a facer xustiza en presenza de sinais relixiosos na sala de audiéncia do tribunal.
Para a sua demanda, o xuiz apoia-se na constituición republicana de 27 de Decembro de 1947, que estabelece que todos os cidadáns "son iguais perante a lei, sen distinción de sexo, raza, língua, relixión" (Artigo 3). Ora, unha circular do Ministro fascista Rocco, do ano 1926, nunca derrogada polos sucesivos Governos posteriores, determina que os crucifixos deven estar visíveis nos tribunais italianos.
Deste feita, Itália continua vivendo sob o rexime do Tratado de Letrán e do Concordato asinado o 11 de Febreiro de 1929 entre oVaticano e a Itália, representada na altura por Benito Mussolini. En 1984, o Presidente do Consello, o socialista Bettino Craxi, renovou o concordato con oVaticano e certamente o culto católico non é xa relixión de Estado mais non por iso se derrogaron as leis fascistas. Trata-se, segundo os termos do Cardeal Tauran, dunha separación das Igrexas e o Estado “coordenada”, oposta “à separación pura e simples” na cal “as confesións relixiosas están incluídas no direito privado” (como, por exemplo, nos EUA ou na Franza).
SOLICITUDE
Sen dúvida, estamos perante un ataque à liberdade de consciéncia e ao princípio de laicidade. Esta é a razon pola cal as asociacións signatárias da reclamación apelan à opinión pública internacional para conseguir:
- a liberación do Xuiz Tosti e paralisación dos procedimentos xudiciais iniciados contra el.
- a paralisación dos procedimentos disciplinares.
- a imediata reincorporación às suas funcións e tratamento.
Quen quixer apoiar esta solicitude, pode dirixir-se a:
Dott. Silvio Berlusconi
Presidenza del Consiglio dei ministri
Palazzo Chigi
Piazza Colonna 370
00186 Roma – Italia
tel. + 390667791
e-mail. BERLUSCONI_S@camera.it
Categoría: Xeral |
