Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


POR AGRESIÓN A PRESOS

Xuízo de faltas contra funcionários de Teixeiro

24 de Novembro de 2009

O 19 de Xaneiro de 2010 terá lugar finalmente o xuízo de faltas 257/2009, instruído polo xulgado número un de Betanzos e tramitado a raiz da apresentación de unha querela contra funcionários do Centro Penitenciário de Teixiero por presumíveis maus tratos a presos da segunda e terceira galeria.

A querela foi apresentada por EsCULcA o 9 de Maio de 2007, tras unha série de indagacións e contactos con presos para coñecer o que foi que pasou realmente naquilo que os meios de comunicación calificaron como motin e que todo indica se tratou en realidade de unha agresión de funcionários dirixidos polo próprio subdirector de seguranza.

Os feitos aconteceron entre as 23:30 e as 00:00 horas do domingo 16 de
Xullo de 2006. A alarma entre os presos da segunda galeria saltou ao
escuitaren un grande balbordo procedente da terceira galeria. Os berros dos
penados levou-nos a concluir que se tratava de unha agresión de funcionários e
polo ruído do abrir e fechar das portas deduciron que estes entravan nas celas
e mallavan nos internos.
Na documentacion obrante en autos constan partes de asisténcia por
lesións de vários presos.
Posteriormente, entre a a 1.15 e as 5.00 horas, tamén foron agredidos
vários presos da segunda galeria por un grupo de funcionários que, segundo
declaración destes internos, actuavan encabezados polo subsidirector de
Seguranza.
O xulgado non chamou a declarar nengun dos cinco presos que se
citavan na querela. Tampouco citou os funcionários, apesar de ter sido
identificado o número de placa dos que estaban de servizo no momento de se
produciren os feitos e mesmo de outros que, sen estaren de servizo, acudiron
ao centro esa noite.
Despois de tan parca instrución, o xulgado declarou os feitos falta
(infracción penal menor), decisión recorrida por ESCULCA por entender que, ao
constaren indícios de agresión, a calificación oportuna seria delito de torturas.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral