CURSO DE VERAO 2009 - USC - EsCULcA
A tutela internacional do direitos e liberdades públicas fundamentais
28 de Maio de 2009
A creación na década dos 90 dos Tribunais Penais Internacionais, pensados para perseguir aos responsábeis das violacións dos Dereitos Humanos, están sendo obxecto de numerosas críticas. A necesidade de manter a prisión de Guantánamo está sendo cuestionada por Barack Obama, quen anunciou o seu peche tras a súa toma de posesión como presidente dos Estados Unidos de América. O antigo conflito entre Palestina e Israel, está por desgraza de actualidade, xurdindo numerosos debates entre os políticos de todo o mundo e innumerábeis mobilizacións na sociedade civil de todos os países. Sen ser o único, un dos factores deste conflito é o relixioso, polo que incluímos tamén neste seminario debates sobre os dereitos e liberdades públicas vistos desde a perspectiva islámica. Ligado a isto, tamén reflexionamos sobre o universalismo ou pluriversalismo dos Dereitos Humanos.
Ver aqui o programa completo.
Información sobre o curso aqui.
Matrícula aqui.
Categoría: Xeral |
