Sanidade penitenciaria
“Contumaz incumprimento”
28 de Xullo de 2008
O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Iago Tabarés, ven de reclamar que se dea cumprimento á lei e se transfira ao Servizo Galego de Saúde a asistencia sanitaria penitenciaria.Iago Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar en que advirte de que o "contumaz incumprimento" do mandamanto legal polo que estes servizos debían integrarse nos correspondentes servizos autonómicos (disposición adicional sexta da Lei de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde) está a xerar unha situación de desigualdade e discriminación entre os facultativos, e vai tamén en perxuicio da atención médica que recibe a poboación reclusa. A demora nesta transferencia vén xa do 2004 –cando rematou o prazo legalmente establecido para que o Ministerio do Interior procedera a traspasar as competencias á Xunta-, malia as diversas iniciativas que se impulsaron dende o Congreso para facela efectiva e facer que a sanidade dos internos en centros penitenciarios pasase a depender de institucións sanitarias e non de Seguridade.
Categoría: Xeral |
