Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


"O POBO COS DO EIXO"

31 de Outubro de 2007
Mais de meio millar de persoas acompañaron onte, 30 de Outubro, os tres viciños do Eixo que ingresaron en prisión para cumprir unha condena de sete anos polos incidentes acontecidos en 1998 nunha concentración contra o alargamento da estrada 525 ao seu paso pola sua parróquia. Nos incidentes resultou lesionado un axente da policia (ver aqui a entrevista en que os tres viciños relatan os feitos).

Entre as numerosas persoas que participaron na emotiva despedida (ver aqui o vídeo), quer a título individual quer en representación de diversas asociacións, sindicatos ou formacións políticas, estava un representante de EsCULcA.

Categoría: Xeral