Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Henri Peña-Ruiz e Cesar Tejedor de la Iglesia

Antologia laica

Fernando Martínez Randulfe

Antologia laica

Recolle 66 textos, filosóficos na meirande parte, para comprender o laicismo. Cada un deles vai precedido dun comentario contextualizador. E por diante de todo, unha sintética Introdución que deixa clara a histórica pugna entre a crítica e a opresión.

Os textos veñen sistematizados en seis blocos: I. As diversas opcións espirituais. II. Relixión e política: unha relación perigosa. III. A razón contra a opresión. IV Valores e princípios da laicidade. V. O Estado emancipado: a separación laica. VI. A laicidade da escola pública.

Obra ben apetitosa para quen goste de facer o camiño do pensamento humano e da evolución filosófica  até chegar à formulación e conquista da sua liberdade, da autonomía da conciéncia e do principio político da laicidade, como ideal universalista  da organización da •cidade•, e do dispositivo xurídico e constitucional que comporta .

 

Categoría: Biblioteca






Última actualización da web:
05 Febreiro 2012