Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Textos internacionais   Biblioteca   Galeria   Contacto


Xulio Ferreiro Baamonde

El proceso de disolución de partidos políticos

EsCULcA

El proceso de disolución de partidos políticos

Xulio Ferreiro Baamonde, profesor de Direito Procesual da Faculdade
de Direito da Universidade da Coruña, realiza neste libro unha pormenorizada
análise xurídico-procesual da Lei Orgánica 6/2002, de 27 de Xuño, de Partidos
Políticos (LOPP). Mais concretamente, o autor examina o procedimento especial
perante a Sala, tamén especial, do Tribunal Supremo a que se atribui competéncia
para a ilegalización de partidos políticos cando estes vulneren "de forma
continuada, reiterada e grave a esixéncia de unha estrutura interna e un funcionamento democráticos", ou cando "de forma reiterada e grave a sua actividade
vulnere os princípios democráticos ou persiga deteriorar ou destruir o rexime de
liberdades ou imposibilitar ou eliminar o sistema democrático".
Ao longo do libro, o autor vai debullando a regulación procesual da LOPP
e a cuantiosa xurisprudéncia ditada polo Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo a raiz da ilegalización dos partidos Herri Batasuna, Euskal Herritarrok e
Batasuna, e daqueloutras formacións -partidos ou agrupacións de eleitores- que
foron posteriormente disolvidas por ser consideradas sucesoras das anteriores.
O profesor Ferreiro Baamonde trata demoradamente aqueles asuntos que
suscitaron maior polémica do ponto de vista procesual: natureza xurídica do proceso
de ilegalización, atribuición da competéncia à Sala Especial do art. 61 (LOPJ
do Tribunal Supremo), alcance da execución da sentenza de disolución, a chamada
sucesión fraudulenta do partido disolvido, a posibilidade de reabilitación
dos partidos ilegalizados, etc., pondo de manifesto a imperfeición técnica de muitos
aspectos da lei e a non sempre acertada aplicación da mesma por parte dos
máximos órgaos xuridiscionais do estado.

A petición de EsCULcA, o profesor Ferreiro Baamonde apresentou o 12 de Xuño de 2009, na asembleia da AED (Advogados Democratas Europeus) un Relatório sobre a Ilegalización de Partidos Políticos no Reino de España que pode consultar-se aqui.

 

Categoría: Biblioteca






Última actualización da web:
20 Marzo 2010