Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Naomi Wolf

O fin de América. Carta a xoven patriota

EsCULcA

O fin de América. Carta a xoven patriota

 

The End of America: Letter of Warning to a Young Patriot

A autora argumenta no seu libro que a liberdade política nos EUA está sendo seriamente atacada e adverte -con a mesma urxéncia que os panfletos revolucionários que Thomas Paine dirixira aos seus concidadáns- da necesidade de tomar medidas urxentes se se quer conservar a democracia nos EUA.

Nunha dura crítica ao governo Bush e ao Congreso, Wolf califica de fascista o proceso de erosión das liberdades,  documentando ampliamente as suas afirmacións e demonstrando que este proceso é similar ao percorrido nos primeiros anos das piores ditaduras do século XX.

A autora ilustra as suas afirmacións lembrando dez medidas básicas que tomaron todos estes reximes totalitários para acabar con a sociedade libre e mostra, de maneira convincente, que a administración Bush tomou as mesmas medidas.

Hai tradución para español: Como se destruye una democracia. Ellago Ediciones, 2009

 

Categoría: Biblioteca






Última actualización da web:
31 Agosto 2010