Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Ilan Pappé

The Ethnic Cleansing of Palestine

John Whitbeck

The Ethnic Cleansing of Palestine

A quen teña un estómago forte e un no menos forte desexo de coñecer a verdade, enfaticamente recomendo o libro de historiador israelita Ilan Pappe The Ethnic Cleansing of Palestine. O autor traza o cuadro meticuloso e dolorosamente claro da expulsión da maioria do povo palestino da sua terra e os seus lares entre 1947 e 1949 (unha expulsión esencial para criar o "estado xudeu" nun país onde, en 1947, a populación era ainda musulmana e cristá num 70% e onde estas persoas non-xudias posuían ainda o 94% da terra). Mostra Ilan Pappé até que ponto esta expulsión foi cuidadosamente planeada, programada e documentada, levada a cabo sen piedade e, despois, eficientemente ocultada, limpada, eliminada da memória e, na medida en que foi necesário, negada. Pappe tamén salienta que a atitude e o espírito que fixeron posível esta limpeza étnica continuan vivos nos debates públicos sobre a "ameaza demográfica" que para os israelitas suporian os palestinos que conseguiron permanecer na sua terra, con un 68% da opinión pública israelita favorável à sua expulsión.

 

 

Categoría: Biblioteca






Última actualización da web:
05 Febreiro 2012