31 de Decembro de 2005

Asi de contundente mostrou-se a Presidenta da Sala da Audiéncia Nacional en que se xulga o suposto contorno de ETA cando un dos advogados defensores facia referéncia a duas sentenzas do Tribunal de Direitos Humanos de Estrasburgo.
"Proteste, proteste e que conste en acta", atallou a Presidenta perante o estupor das persoas presentas na sala.
O relato completo destes feitos e unha análise do desenvolvimento do macroproceso pode ler-se no mui interesante relatório de José Manuel...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
27 de Decembro de 2005

O Movemento polos Dereitos Civis informa que formulará propostas perante o Governo galego e o Governo do Estado para que se elabore unha normativa que axilice o aceso à información en poder das administracións públicas, autoridades e instituicións. Lembra esta asociación que o Consello de Europa afirmou no seu dia non poder intervir nas denúncias por censura informativa relacionada con o afundimento do Prestige por o Estado español non ter ratificado a normativa europea que ampara este...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
20 de Decembro de 2005

Un ano despois da invasión do Iraque tivo lugar unha reunión de funcionários de alto nível da UE e os EUA en que se trataron asuntos de Xustiza e Interior. Statewatch solicitou aceder a Acta desta reuión, celebrada en Atenas o 22 de Xaneiro de 2003 e recebeu un texto en que foran suprimidos vários parágrafos, "por cortesia con os EUA" segundo afirmaron os responsáveis. Entre os parágrafos suprimidos figurava este:
“Ambas as partes acordan (...) intensificar o uso das instalacións...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
16 de Decembro de 2005

A normativa recén aprovada estabelece que deverán ser retidos, entre 6 e 24 meses, todos os dados referentes a chamadas telefónicas –incluídas as non atendidas— e as mensaxes electrónicas e que se poderá aceder ao seu contido mediante orde xudicial.
Non foron só as asociacións defensoras dos direitos e liberdades públicas as que protestaron enerxicamente contra esta decisión, tamén as empresas de telecomunicacións manifestaron o seu malestar por esta directiva que aumentará...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

A Comisión Europea propón agora o rexisto obrigatório de todas as asociacións sen ánimo de lucro que existen na UE como mais unha medida na “guerra contra o terrorismo”. A proposta será considerada polo Consello e os primeiros pasos que xa se deron neste sentido poden consultar-se no EU doc nº: 14694/05.
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

A história de Khaled Masri, cidadán alemán secuestrado e conducido a Macedónia a finais do 2003 para despois ser transladado a Afeganistán (Xaneiro de 2004) onde foi interrogado e torturado durante meses, sen se encontraren provas dunha eventual vinculación a grupos islamistas, é un dos casos máis coñecido. Agora, grazas às investigacións do fiscal, o seu advogado e vários xornalistas, sabe-se que o embaixador dos USA informara Otto Schily en Maio de 2004, altura en que era Ministro...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

“O Sr. Celso Manata assumiu o cargo mais elevado do sistema prisional português na sequência da demissão do seu superior hierárquico (Marques Ferreira) ameaçado de morte depois de ter denunciado publicamente estarem as prisões portuguesas fora do controlo da legalidade e da cadeia de comando do sistema prisional”, afirma a ACED, que tamén lembra a brutalidade exercida contra os internos da prisión de Caxias en 1996 cando, simulando reprimir un motin que en realidade nunca chegou a...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

O 7 de Decembro, en nome da Coordenadora para a Prevención da Tortura, o Presidente de EsCULcA, Fernando Martínez Randulfe, dirixiu un escrito ao presidente do Governo Galego, Sr. Pérez Touriño, e à Presidenta do Cámara, Dona Dolores Villarino, solicitando insten o governo español a tomar as medidas que reiteradamente solicitan os organismos internacionais, as asociacións de defensa dos direitos e as liberdades e os próprios órgaos lexislativos españóis para erradicar a tortura en...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

“Os nosos tribunais son hoxe motivo de orgullo por teren dito ben claro ao governo e aos governos de todo o mundo que deven decidir se están con nós ou contra nós na luita contra a tortura”, manifestou o 8 de Decembro Shami Chakrabarti, Director de Liberty en referéncia à resolución da Cámara dos Lores que estabelece a absoluta proibición de utilizar provas obtidas sob tortura e parafraseando a xa célebre afirmación de Condoleeza Rice sobre a decisión que teñen que tomar os...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
12 de Decembro de 2005

A Association pour la Prévention de la Torture, organización de orixe suíza a que se deve en grande medida a aprovación dese Protocolo, salienta na sua páxina web, onde informa dia a dia do desenvolvimento da campaña mundial, o importante papel que desempeñaron no estado español os colectivos que integramos a Coordenadora para a Prevención da Tortura e afirma o seu compromiso de apoiar esta plataforma para garantir que o futuro comité de visita e controlo aos centros de retención...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
De 1 a 10 resultados
Páxinas: 1
|
 |
|
 |
Redefinindo a privacidade. Orwell 20109-10 SETEMBRO. COMPOSTELA.
Actualmente, os Estados dos países desenvolvidos armáronse dos mais bastos e
eficaces instrumentos e técnicas de controlo do cidadán: ven e escoitan todo
o que estes fan, din e pensan. E arquívano: fica gardado e disposto para ser
tratado. Estes Estados, se ben celosos da sua soberania, articulan acordos
de cooperación para "vixilancia e seguridade" e os custes de todo isto
corren de conta do cidadán. Mas o uso destas técnicas non se restrinxe aos
poderes públicos. Rivalizan con eles grandes corporacións privadas, que polo
seu carácter e ámbito de actuación transnacional e global exercen tanto
control como os Estados ou un control e uso comparábel. Portanto, parece de
candente actualidade, necesidade e trascendéncia:
- Obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos
poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan
o cidadán no seu devir social e privado, e os extremos aos que chegan.
- Obter claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte
ás tecnoloxías invasivas, ofrecen os Estados e asociacións de Estados.
Todo isto, polo menos, desde a perspectiva dos dereitos e liberdades
públicas afectadas e da xustificación e proporcionalidade dos medios
utilizados e dos límites impostos ao uso dos mesmos. Á sua vez, parece
necesario dar a coñecer os procedementos cos que conta e cos que debe contar
o cidadán para reaccionar contra as prácticas invasivas e de control de que
é obxecto e para controlar aos controladores. · Ler o programa completo.
|

Israel rexeita inspección da OIEA
J.M. Álvarez (Rebelión - 06/09/2010) El régimen sionista de Israel se ha negado a las peticiones del Organismo Internacional de Energía Atómica (OIEA) para que permita que inspectores internacionales examinen su... (+) Ler mais
Unha investigación pendente
Carlos Jiménez Villarejo (Público - 05/09/2010) Recientemente, el Ministerio de la Presidencia ha reconocido y subvencionado un proyecto de investigación histórica promovido por la Cátedra Extraordinaria Memoria... (+) Ler mais
Un alvo fácil de Sarkozy
Rita Silva (esquerda.net - 31/08/2010) “C'est la guerre!”, “Nous serons intraitables”, “Il n'y aura plus d'excuses”, “Nous allons éradiquer”, “J'ai donné l'ordre... (+) Ler mais
Wikileaks
F. Martínez Hidalgo (24/08/2010 - Xornal de Galicia) Os gobernos veñen usando etiquetas como “seguridade nacional”, “alto segredo”, “datos reservados” e, ultimamente, os borrosos límites da... (+) Ler mais
Retiran-se os EUA do Iraque?
Daniele Tomasini (22/08/2010 - Rebelión) En las últimas horas, los medios de todo el mundo han proclamado a bombo y platillo el fin de la ocupación norteamericana en Iraq. Para citar sólo los titulares de los cinco... (+) Ler mais
Sob as mentiras de hoxe
John Pilger (06/08/2010 - tradución www.resistir.info) No aniversário do lançamento da bomba atómica sobre Hiroshima, a 6 de Agosto de 1945, John Pilger descreve a 'sucessão de mentiras' desde a poeira daquela cidade... (+) Ler mais
Raro, raro, raro
Rebelión (09/08/2010) Según recoge GARA, los detenidos fueron trasladados al hospital de Santiago para hacerles unas placas. Agirresarobe fue llevado al hospital el miércoles y Ezkerra el jueves. No se les... (+) Ler mais
|
|
|
|

Última actualización da web:
31 Agosto 2010
|