30 de Marzo de 2007

“A ben fundamentada denúncia de 384 páginas apresentada contra Donald Rumsfeld, Alberto Gonzalez, George Tenet e outros 12 membros da elite do poder dos EUA, acusados de violaren a lexislación internacional, preocupa seriamente o Fiscal Federal de Karlsruhe e inquieta as autoridades da República, que ven difícil parar a acción legal e temen que esta poña en perigo a sua relación con os Estados Unidos” informa Der Spiegel.
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
30 de Marzo de 2007

“Nove solicitantes de asilo procedentes de zonas en conflito de Sri Lanka, foron expulsados do Estado español apesar do ditame favorável para a admisión das suas solicitudes emitido polo ACNUR. No proceso de expulsión obstaculizou-se a acción da xustiza e ocultou-se información”, denuncia a CEAR.
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
26 de Marzo de 2007

A Comisión acordou sancionar o xuiz cántabro por unha falta grave do artigo 418.6 da Lei orgánica do Poder Xudicial ao entender que as expresións contidas nas suas sentenzas xudiciais "son de todo ponto desnecesárias, improcedentes e extravagantes, asi como manifiestamente irrespeitosas do ponto de vista xurídico".
Nunha delas, de Novembro de 2005, en que condenava unha muller a 60 dias de multa por ter dado unha labazada ao marido, o xuiz incluía várias páxinas dedicadas en...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
26 de Marzo de 2007

Hoxe, 26 de Marzo, terá lugar en Guantánamo a vista incoatória de David Hicks, cidadán australiano prisioneiro en Guantánamo. Trata-se do primeiro detido en ser xulgado conforme à Lei de Comisións Militares (MCA nas suas siglas en inglés), dos 23 posíveis acusados seleccionada para xuízo perante unha comisión militar.
No seu Relatório Xustiza postergada e tamén denegada? Amnistia Internacional denuncia a admisión de provas obtidas mediante métodos ilegais que o governo...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
23 de Marzo de 2007

A Subdelegación do Governo na Coruña comunicou esta mañá à Comisión de Denúncia de Galiza a proibición da concentración/marcha que esta plataforma tiña previsto realizar o dia 24 diante do Hospital Juan Canalejo (às 12 horas) e diante da própria Subdelegación do Governo (às 16.30 horas) para reclamar o esclarecimento das circunstáncias en que hai agora dous anos morreu Xosé Tarrio.
"Xosé Tarrío morreu no cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumprir condena de 2 anos e medio....
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
23 de Marzo de 2007

Como é costume, na Sección EsCULcA, damos conta dalgunhas actividades do noso Observatório. Neste caso en relación con a Proteccion de Dados e a iminente implementación do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.
En Análises e Relatórios publicamos catro textos que versan en torno a diferentes temas: unha breve análise sobre a recentemente criada Axéncia de Direitos Fundamentais da UE, unha reflexión sobre as últimas medidas políticas e lexislativas contra a...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
16 de Marzo de 2007

O 12 de Marzo o Tribunal Europeu de Direitos Humanos emitiu Resolución admitindo a trámite o recurso da família Giuliani pola morte do xoven de 23 anos Carlo Giuliani, acontecida en Xénova o 20 de Xullo de 2001 nunha manifestación anti-globalización durante a celebración da cimeira do G8. O xoven, morto a consecuéncia dos disparos da policia e as agresións de que foi obxecto posteriormente, non recebeu auxílio nengun por parte das forzas da orde.
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
16 de Marzo de 2007

O Institute of Race Relations (IRR) acaba de publicar o estudo de Liz Fekete They are children too (Tamén son nenos), en que a autora mostra, através da análise de 150 casos, o duro tratamento que receben en Europa as crianzas non acompañadas, os fillas de famílias solicitantes de asilo e aquelas cuxos proxenitores carecen de papéis.
Muitos estados europeus, asinantes da Convención de Direitos do Neno, vulneran sistematicamente os seus direitos sen ter en conta a sua condición de...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
16 de Marzo de 2007

O pasado dia 13, foi defendida polo deputado Iago Tabarés (BNG) no Pleno do Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei “Sobre a creación dun mecanismo de prevención da tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes”. A proposición resultou aprovada, con algunha modificación a respeito do texto orixinal, pola unanimidade dos 75 deputados e deputadas presentes.
O texto aprovado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que realice, coa...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
16 de Marzo de 2007

O pasado 8 de Xaneiro a Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo desestimou na sua totalidade tres recursos contra o Real Decreto de 30 de Decembro de 2004 (2393) polo que se aprova o Regulamento de Estranxaria, condenando os demandantes en costas (16.000 euros), resolución que estes interpretan como “claro aviso para disuadir outras organizacións de defensa de persoas migrantes a recorreren este tipo de normas”. Os recurso foran apresentados por SOS Racismo,...
Ler o resto do artigo »
Categoria:
Xeral
De 1 a 10 resultados
Páxinas: 1 2
|
 |
|
 |
Redefinindo a privacidade. Orwell 20109-10 SETEMBRO. COMPOSTELA.
Actualmente, os Estados dos países desenvolvidos armáronse dos mais bastos e
eficaces instrumentos e técnicas de controlo do cidadán: ven e escoitan todo
o que estes fan, din e pensan. E arquívano: fica gardado e disposto para ser
tratado. Estes Estados, se ben celosos da sua soberania, articulan acordos
de cooperación para "vixilancia e seguridade" e os custes de todo isto
corren de conta do cidadán. Mas o uso destas técnicas non se restrinxe aos
poderes públicos. Rivalizan con eles grandes corporacións privadas, que polo
seu carácter e ámbito de actuación transnacional e global exercen tanto
control como os Estados ou un control e uso comparábel. Portanto, parece de
candente actualidade, necesidade e trascendéncia:
- Obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos
poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan
o cidadán no seu devir social e privado, e os extremos aos que chegan.
- Obter claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte
ás tecnoloxías invasivas, ofrecen os Estados e asociacións de Estados.
Todo isto, polo menos, desde a perspectiva dos dereitos e liberdades
públicas afectadas e da xustificación e proporcionalidade dos medios
utilizados e dos límites impostos ao uso dos mesmos. Á sua vez, parece
necesario dar a coñecer os procedementos cos que conta e cos que debe contar
o cidadán para reaccionar contra as prácticas invasivas e de control de que
é obxecto e para controlar aos controladores. · Ler o programa completo.
|

Israel rexeita inspección da OIEA
J.M. Álvarez (Rebelión - 06/09/2010) El régimen sionista de Israel se ha negado a las peticiones del Organismo Internacional de Energía Atómica (OIEA) para que permita que inspectores internacionales examinen su... (+) Ler mais
Unha investigación pendente
Carlos Jiménez Villarejo (Público - 05/09/2010) Recientemente, el Ministerio de la Presidencia ha reconocido y subvencionado un proyecto de investigación histórica promovido por la Cátedra Extraordinaria Memoria... (+) Ler mais
Un alvo fácil de Sarkozy
Rita Silva (esquerda.net - 31/08/2010) “C'est la guerre!”, “Nous serons intraitables”, “Il n'y aura plus d'excuses”, “Nous allons éradiquer”, “J'ai donné l'ordre... (+) Ler mais
Wikileaks
F. Martínez Hidalgo (24/08/2010 - Xornal de Galicia) Os gobernos veñen usando etiquetas como “seguridade nacional”, “alto segredo”, “datos reservados” e, ultimamente, os borrosos límites da... (+) Ler mais
Retiran-se os EUA do Iraque?
Daniele Tomasini (22/08/2010 - Rebelión) En las últimas horas, los medios de todo el mundo han proclamado a bombo y platillo el fin de la ocupación norteamericana en Iraq. Para citar sólo los titulares de los cinco... (+) Ler mais
Sob as mentiras de hoxe
John Pilger (06/08/2010 - tradución www.resistir.info) No aniversário do lançamento da bomba atómica sobre Hiroshima, a 6 de Agosto de 1945, John Pilger descreve a 'sucessão de mentiras' desde a poeira daquela cidade... (+) Ler mais
Raro, raro, raro
Rebelión (09/08/2010) Según recoge GARA, los detenidos fueron trasladados al hospital de Santiago para hacerles unas placas. Agirresarobe fue llevado al hospital el miércoles y Ezkerra el jueves. No se les... (+) Ler mais
|
|
|
|

Última actualización da web:
31 Agosto 2010
|