Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DANILO ZOLO NA GALIZA

A xustiza dos vencedores a debate

30 de Abril de 2009
Entre o  6 e 8 de Maio estará en Galiza Danilo Zolo, catedrático de Filosofia de Direito Internacional na Universidade de Florenza , director da Rivista di filosofia del diritto internazionale e della politica globale Jura Gentium e autor de unha extensa obra sobre temas relacionados con a xurisdición universal,  a agresión sionista a Palestina, as cortes penais internacionais, intervencións militares, etc,As suas intervencións terán... Ler o resto do artigo »


CENTRAIS NUCLEARES EN GRAN-BRETAÑA

A polícia tenta infiltrar grupos ecoloxistas

27 de Abril de 2009
Despois de que o Sunday Herald revelase as tentativas da polícia de Strachclyde de subornar activistas contrárias à instalacións de centrais nucleares, The Guardian publica novas provas sobre estas manobras e o testemuño de várias persoas a quen a polícia ofereceu diñeiro en troca de información sobre grupos ecoloxistas.Mais información aqui e aqui. Ler o resto do artigo »


EN CASOS DE MORTES OCASIONADAS POR AXENTES DA ORDE

Investigacións secretas

27 de Abril de 2009
Grupos de Direitos civis británicos esperan que a Cámara dos Lordes rexeite, ou corrixa, o proxecto de lei aprovado pola Cámara dos Comuns que abriria as portas para que as mortes cometidas -supostamente- por axentes da orde sexan investigadas en segredo. As investigacións serian declaradas "clasificadas" e nos xuízos excluirian-se os xúris populares. O material "sensível" seria visto en sesións a porta fechada que deixarin... Ler o resto do artigo »


APRENDENDO A EXCULPAR-SE

Axentes municipais, xuiz e fiscal ensaian xuízos

26 de Abril de 2009
O pasado 22 de Abril, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) enviou escrito ao Consello Xeral do Poder xudicial e ao Fiscal Xeral do Estado con motivo da publicación no xornal El Punt (01/03/2009) da notícia da celebración, na cidade de Sabadell, de unha "simulación de xuízos contra axentes da polícia" con o propósito de "corrixir erros nas detencións e à hora de declarar". Trataria-se de proporcionar aos axentes... Ler o resto do artigo »


COMITÉ PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA DA ONU

A CPT reclama transparéncia na apresentación de candidaturas

26 de Abril de 2009
O pasado dia 31 de Marzo, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) dirixiu-se à Secretária Xeral Técnica do Ministério do Interior (Sra. González García) para solicitar unha entrevista a fin de coñecer os pormenores do proceso de designación dos tres nomes que o governo español deverá apresentar ao Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa como candidatos a representar o Reino... Ler o resto do artigo »


DECLARACIÓN DA REDE EUROPEA DE DIREITOS CIVIS

Alertan contra o Programa de Estocolmo

25 de Abril de 2009
A Rede Europea de Direitos Civis, coalición europea de colectivos que traballan na defensa das liberdades públicas e os direitos fundamentais, entre eles EsCULcA, fixo público unha Declaración en que chama a sociedade civil a expresar a sua opinión sobre o Programa de Estocolmo -onde se fixa a axenda da UE en matéria de Xustiza e Interior para o período 2010/2014. Tamén chama a REDC a traballar pola consecución de unha Europa... Ler o resto do artigo »


ESCRITO DE EMIGRANTES NA HOLANDA

Solidariedade con os procesados polo "Motin de Caxias"

25 de Abril de 2009
O 5 de Marzo iniciou-se no Tribunal Xudicial da Comarca de Oeiras (Portugal) o xulgamento de 25 cidadáns acusados de "organizaren un motin" na cadea de Caxias en 23 de Marzo de 1996. Hai portanto 13 anos, no período en que se viveron intensas axitacións nas prisións protuguesas, fruto de un movimento de protesto contra as miseráveis condicións penitenciárias, o tratamento desumano e humilhante por parte do corpo de guardas prisionais e a... Ler o resto do artigo »


DENUNCIA REPORTEIROS SEN FRONTEIRA

Forzas Armadas Israelitas agrenden xornalistas

24 de Abril de 2009
A asociación Reporteiros sen Fronteiras dirixiu-se o pasado 14 de Abril ao ministro israelita Ehud Barak para denunciar o repetido uso da violéncia das forzas armadas de Israel contra xornalistas que cobren as manifestacións pacífica en protesta pola construción do muro chamado de "seguranza". "As forzas armadas israelitas son directamente responsáveis destes incidentes", afirma RSF no seu escrito. Desde Xaneiro de 2009 son xa sete... Ler o resto do artigo »


EN RELACIÓN CON A MORTE DE UN PRESO EN 1994

Condenado o Reino de España por violación do PIDCP

24 de Abril de 2009
O Alto Comisionado para os Direitos Humanos da ONU condenou o pasado 20 de Marzo o Reino de España polo dano causado à família de un preso que faleceu en 1994 de sida complicada con tuberculose pulmonar e infección intestinal no penal santoñés de El Dueso.O Reino de España é condenado por non ter avisado a família da gravidade do estado do interno, nen ter acedido à sua petición de que fose posto en liberdade... Ler o resto do artigo »


BOICOT, DESINVESTIMENTO, SANCIÓNS

Os sindicatos escoceses a favor do BDS

24 de Abril de 2009
O Scottish Trade Union Congress, confederación de todos os sindicatos escoceses, votou por esmagadora maioria o pasado 22.04.09 a favor do boicot, desinvestimento e sancións contra Israel. Trata-se da terceira federación sindical nacional, despois de Irlanda e Sul-África, que decide apoiar a campaña a favor do BDS e é un indício claro de que Israel pode matar palestinos impunemente con apoio ocidental mais perdeu a batalla da opinión... Ler o resto do artigo »


De 1 a 10 resultados

Páxinas:  1 2 3 4
 
The Green Line
 - 
Autor: Bansky
En destaque
Redefinindo a privacidade. Orwell 2010

9-10 SETEMBRO. COMPOSTELA.

Actualmente, os Estados dos países desenvolvidos armáronse dos mais bastos e eficaces instrumentos e técnicas de controlo do cidadán: ven e escoitan todo o que estes fan, din e pensan. E arquívano: fica gardado e disposto para ser tratado. Estes Estados, se ben celosos da sua soberania, articulan acordos de cooperación para "vixilancia e seguridade" e os custes de todo isto corren de conta do cidadán. Mas o uso destas técnicas non se restrinxe aos poderes públicos. Rivalizan con eles grandes corporacións privadas, que polo seu carácter e ámbito de actuación transnacional e global exercen tanto control como os Estados ou un control e uso comparábel. Portanto, parece de candente actualidade, necesidade e trascendéncia:
  • Obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan o cidadán no seu devir social e privado, e os extremos aos que chegan.
     
  • Obter claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte ás tecnoloxías invasivas, ofrecen os Estados e asociacións de Estados.
Todo isto, polo menos, desde a perspectiva dos dereitos e liberdades públicas afectadas e da xustificación e proporcionalidade dos medios utilizados e dos límites impostos ao uso dos mesmos. Á sua vez, parece necesario dar a coñecer os procedementos cos que conta e cos que debe contar o cidadán para reaccionar contra as prácticas invasivas e de control de que é obxecto e para controlar aos controladores.

 · Ler o programa completo.
Opinión
Israel rexeita inspección da OIEA
J.M. Álvarez (Rebelión - 06/09/2010)

El régimen sionista de Israel se ha negado a las peticiones del Organismo Internacional de Energía Atómica (OIEA) para que permita que inspectores internacionales examinen su... (+) Ler mais


Unha investigación pendente
Carlos Jiménez Villarejo (Público - 05/09/2010)

Recientemente, el Ministerio de la Presidencia ha reconocido y subvencionado un proyecto de investigación histórica promovido por la Cátedra Extraordinaria Memoria... (+) Ler mais


Un alvo fácil de Sarkozy
Rita Silva (esquerda.net - 31/08/2010)

“C'est la guerre!”, “Nous serons intraitables”, “Il n'y aura plus d'excuses”, “Nous allons éradiquer”, “J'ai donné l'ordre... (+) Ler mais


Wikileaks
F. Martínez Hidalgo (24/08/2010 - Xornal de Galicia)

Os gobernos veñen usando etiquetas como “seguridade nacional”, “alto segredo”, “datos reservados” e, ultimamente, os borrosos límites da... (+) Ler mais


Retiran-se os EUA do Iraque?
Daniele Tomasini (22/08/2010 - Rebelión)

En las últimas horas, los medios de todo el mundo han proclamado a bombo y platillo el fin de la ocupación norteamericana en Iraq. Para citar sólo los titulares de los cinco... (+) Ler mais


Sob as mentiras de hoxe
John Pilger (06/08/2010 - tradución www.resistir.info)

No aniversário do lançamento da bomba atómica sobre Hiroshima, a 6 de Agosto de 1945, John Pilger descreve a 'sucessão de mentiras' desde a poeira daquela cidade... (+) Ler mais


Raro, raro, raro
Rebelión (09/08/2010)

Según recoge GARA, los detenidos fueron trasladados al hospital de Santiago para hacerles unas placas. Agirresarobe fue llevado al hospital el miércoles y Ezkerra el jueves. No se les... (+) Ler mais


 

Lexislación Internacional

Última actualización da web:
31 Agosto 2010


RSS