Yakov M. Rabkin
A ameaza interior. História da oposición xudia ao sionismo
Ed. Hiru (2006)
A asociación dos xudeus con o Estado de Israel é fácil, case que automática. 'Estado xudeu' e 'Estado hebraico' converteron-se en termos de uso corrente. No entanto, entre os partidários incondicionais de Israel hai menos xudeus do que cristáns. Esta obra explica este aparente parodoxo e evidencia a oposicón ao sionismo articulado en nome da tradición xudia.
Esta oposición socava a lexitimidade propriamente xudia do Estado de Israel e representa, segundo o experto israelita Joseph Hodara (profesor de Socioloxia na Universidade de Bar-Ilan, Israel), 'unha ameaza mais importante que a hostilidade árabe e palstina'. As raíces da oposición xudia à existéncia mesma do Estado de Israel é un fenómeno amiúde ocultado, mesmo censurado, e provoca tanto indignación como curiosidade.
Yakov M. Rabkin é profesor de História na Universidade de Montreal, Canadá. Os seus campos de investigación son a história xudia contemnporánea e a história das ciéncias.
Categoría: Mediateca |
