Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CPT: RELATÓRIO 2006

13 de Maio de 2007
O dia 12 de Maio, en Santiago de Compostela, a Coordenadora para a Prevención da Tortura deu a coñecer o seu relatório sobre o Estado español no ano 2006, que apresenta as 610 denúncias recollidas nese ano e realiza o seguimento das denúncias apresentadas en anos anteriores.

Este é o terceiro ano consecutivo en que a Coordenadora apresenta un relatório destas características, relatórios através dos cais constatamos a pervivéncia do problema no Estado español xa que entre os anos 2001 e 2006 recollemos 4.196 denúncias.

Esta realidade leva-nos a esixir un correcto desenvolvimento dos mecanismos de controlo para a prevención da tortura como os propostos polo Protocolo Facultativo da ONU, un mecanismo que deve contar con a participación da sociedade civil, como exemplifican iniciativas como a Proposta non de Lei aprovada recentemente por unanimidade no Parlamento de Galiza, asi como a proposta estatal que apresentou a Coordenadora.


RELATÓRIO 2006

No Relatório 2006, as 610 denúncias recollen-se en 266 casos ou situacións diferentes, a maioria deles localizados en Catalunya e Galiza. Aliás, estas comunidades non só acumulan o número maior de casos senón que tamén experimentan o maior incremento no número de denúncias: 85 e 133 % respectivamente.

Por outra parte, no que se refere à distribución social, as torturas e maus tratos afectan todos os grupos, ainda que a maioria das denúncias foron apresentadas por sindicalistas e persoas vinculadas a movimentos sociais. E no que aos corpos e forzas de seguranza do Estado di respeito, cumpre salientar que foron denunciados membros de todos eles.

Recollen-se asi mesmo resumos dos diferentes organismos internacionais (como a CPT ou o Relator Especial da ONU) que denuncian a persisténcia da tortura no Estado español, asi como a falta de vontade dos sucesivos governos para acabar con ela.


CONCLUSIÓNS DA COORDENADORA

Analisando o incremento das denúncias en Catalunya e Galiza, a Coordenadora chega a conclusión que este se deve non tanto a un aumento dos casos como a ter contribuído o tecido asociativo destas comunidades a proporcionar unha mellor visualización dos casos existentes.

Exemplo que confirma a importáncia da sociedade civil na denuncia da tortura e a necesidade de existiren novos mecanismos de controlo. Temos o convencimento de que o feito de nalguns territórios o número de casos coñecidos ser mui inferior é devido en grande medida ao pior funcionamento dos canais de denúncia. Neste sentido, preocupa-nos as poucas denúncias recebidas de colectivos que sabemos estaren particularmente desprotexidos como poden ser as persoas migrantes e presas.


2 CASOS CONCRETOS: CATALUNYA E GALIZA

Para alén destas xeneralidades, cumpre salientar casos particulares como o espectacular aumento das denúncias contra os Mossos d’Esquadra en Catalunya, e mais en concreto en Barcelona onde se recolleron mais de 100 denuncias. Por isto os grupos cataláns da Coordenadora apresentaron a sua própria proposta de mecanismo de controlo no Parlament. De resto, perante os últimos casos acontecidos na comisaria de les Corts en Barcelona, a Coordenadora quer denunciar a atitude dos Mossos d’Esquadra gravadas polas cámaras instaladas nesa comisaria e reprovar a resposta dos sindicatos policiais que xustifican estas malleiras e critican a instalación desas cámaras.

En Galiza, onde se recolleron 16 casos que afectan 49 persoas, a preocupación é comprovar como aumenta o número de denúncias contra as polícias locais (algo que tamén acontece no ámbito estatal), asi como a comprovación das dificuldades xudiciais no seguimento das mesmas, o que nos demostra a falta de interese en investigar os casos que se denuncian. Esta atitude xudicial fecha o círculo de impunidade que rodea a tortura, círculo que se completa con o elevado número de causas arquivads, a insignificáncia das condenas nos poucos casos que se dan e o indulto governamental dos casos condenados.


COMPOSTELA, 13 DE MAIO DE 2007


COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA:

Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT) - Alerta Solidària - Asociación APOYO - Asociación EXIL - Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans - Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento -Asociación Contra la Tortura - Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia - Asociación Libre de Abogados - Associació Memòria Contra la Tortura - Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) - Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) - Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos/Euskal Herriko Giza Eskubideen) - Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) - Centro de Documentación Contra la Tortura (CDDT) - Comissió de Defensa del Col.legi d'Advocats Barcelona - Comité Anti-Sida de Lugo - Concepción Arenal - Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid - Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia - Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá - Coordinadora de Barrios de Madrid - Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas (CESPP) - Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) - Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) - Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) - Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga - Federación Enlace - Fundación Érguete - Gurasoak - Grupo 17 de marzo (Sociedad andaluza de juristas para la defensa de los DDHH) - Institut Drets Humans de Catalunya - Justicia i Pau - Movemento polos Dereitos Civis - Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB (OSPDH) - PreSOS Extremadura - PreSOS Galiza – Rescat - SalHaketa (Bizkaia) - SalHaketa (Araba) - Sos Racisme Catalunya - Torturaren Aurkako Taldea (TAT) - Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea - Xustiza e Sociedade

Categoría: Xeral