CONTRA ISRAEL
Cooperantes da Frota da Liberdade apresentan querela
23 de Xullo de 2010
Manuel Tapial, Laura Arau e David Segarra, activistas da Frota da Liberdade, apresentaron hoxe na Audiéncia Nacional querela contra o xefe do Governo israelita, Benjamín Netanyahu, e seis dos seus ministros e un alto mando militar por delitos de lesa humanidade.
"Dias antes de se producir a abordaxe e o masacre, sete ministros israelitas reuniron-se para preparar a operación e deron orde de atacar" -afirman-.
Despois de apresentaren a querela, Tapial, que lamentou a "non acción" do Governo español no asunto, anunciou que a Asociación Cultura, Paz e Solidariedade enviará proximamento dous barcos con bandeira española para Gaza con o propósito de romper o bloqueo.
Ao portavoz do Ministério israelita de Relacións Exteriores, Igal Palmor, faltou-lle tempo para cualificar a querela como a "continuación de unha provocación" e afirmar mais unha vez que Israel actuou en conformidade con o direito internacional.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
