A NOITE DO 24
Brutal carga da polícia en Compostela
26 de Xullo de 2010
Numerosas persoas feridas, entre elas duas que tiveron de ser conducidas ao hospital, foi o resultado da carga da polícia contra un grupo de manifestantes convocados por Briga o pasado 24 de Xullo.
"Quando as 150 pessoas que se manifestavam pola independência galega e contra a crise capitalista quigérom aceder à zona velha da cidade, por volta das 22h30 horas, produziu-se umha carga indiscriminada que acabou com duas moças no hospital e muitas mais feridas e espancadas.", informa diário liberdade que publica testemuños gráficos que non deixan lugar a dúvidas sobre a brutalidade da carga.
Tamén un grupo de adolescentes que non participavan nos actos e celebravan o botellón na Alameda foron increpados por axentes con frases soezes ("Metede a bandeira polo cu"), segundo informa Galiza Livre.
Categoría: Xeral |
