Welcome to OpenMax!
, e agora son as

     Principal
· Notícias
· Boletin
· Correio
· Documentos
· EsCULcA
· Ligazóns
· Textos internacionais

     Artigos
· Cidadáns, Poder e Información
· The deportation machine: Europe, asylum and human rights de Liz Fekete

A NECESIDADE DE EsCULcA

EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) nasce con o propósito de contribuir a que a sociedade galega non se deixe gañar pola pasividade, que non se conforme con o papel de simples paciente da história a quen os poderes públicos conceden unha liberdade cada vez mais restrinxida. Desexa promover, pois a recuperación do interese polos asuntos públicos e o sentido da responsabilidade colectiva, coñecedora de que a indiferenza e o absentismo son o terreno mais propício para poderen surxir formas novas de totalitarismo e controlo anti-democrático. Considera que unha maneira de frear estas correntes de carácter autoritário –mascaradas de medidas de seguranza- é a análise concreta da realidade, recollendo e transmitindo información sobre a nova conxuntura que está a agromar, promovendo o debate público sobre as novas medidas autoritárias e actuando contra os abusos que se producen no noso contorno, na urxente necesidade de detención desta nova vaga autoritária. Proclama como obxectivos a intervención e comunicación social para espallar os verdadeiros fins das políticas institucionais e o traballo na defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas, entendidas estas no sentido mais amplo, mediante a actuación en todos aqueles campos que outros grupos ou organizacións consideran non prioritários ou intranscendentes.

EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), é unha asociación independente dos poderes públicos e, como tal, nen solicitará, nen aceitará nengun tipo de axuda ou subsídio procedente deses poderes, levando a cabo o seu financiamento só en base aos contributos das persoas que adiran ou colaboren na sua formación.

 CARTA ABERTA AO ALCALDE DE COMPOSTELA

Notícias 2”Vemos publicado que se delegou na sua persoa e cargo de Alcalce de Compostela para acudir à catedral desta cidade facer unha oferenda ao Apóstolo Santiago en representación do Estado e que V. aceitou esa delegación. A oferenda, claro está, leva-se a efeito nun templo relixioso católico e en pleno acto litúrxico desta relixión.

Xa que V. fixo declaracións públicas ao respeito, e pública vai ser a sua oferenda na basílica, ten de aceitar unha crítica, no ámbito público tamén, de cidadáns ou asociacións de cidadáns que queiran facé-la.”, afirma Fernando Martínez Randulfe (Presidente de EsCULcA) na Carta Aberta ao Alcalde que publica hoxe, 23.07.2008, en Xornal.com.


Enviado o 23 de Xullo ás 18:40:24
Ler máis...

 ACTOS RELIXIOSOS E PODERES PÚBLICOS

Notícias 11)Perante a presenza institucional do xefe do estado e do presidente do governo, asi como doutros representantes políticos e públicos, en función do seu cargo, na Conferéncia Internacional do Diálogo entre Relixións, lamentamos e denunciamos esa participación política e institucional nun acto de carácter exclusivamente inter-relixioso, promovido, ademais, pola monarquia feudal dun país que vulnera, permanente e sistemáticamente, os mais elementares direitos humanos, mais sobretodo os relacionados con a xustiza, con a violación absoluta dos direitos das mulleres, con a falta de liberdade relixiosa e con a vulneración da liberdade d epensamento e de consciéncia.

2) Perante a anunciada celebración dunha xornada mundial da xuventude católica en Madrid para o ano 2011, advertimos à sociedade que, de se organizar e celebrar-se, trata-se exclusivamente dun acto do catolicismo oficial, protagonizado e organizado, especialmente, por seitas familiares fundamentalistas vinculadas à hierarquia católica e portanto esiximos aos poderes públicos estatal, autonómico e local, que representan o conxunto da cidadania, manteren-se totalmente à marxe da organización e participación nese acto”, informa Europa Laica.


Enviado o 23 de Xullo ás 12:00:45
Ler máis...

 MENORES EN GUANTÁNAMO

Notícias 1“Omar Ahmed Khadr foi posto baixo custodia estadounidense cando tiña 15 anos. Sábese que hai polo menos catro detidos que permanecen actualmente na baía de Guantánamo que tiñan menos de 18 anos cando foron apresados.

Omar Khadr foi ferido por soldados de EE.UU nunha batalla en Afganistán, e posto baixo custodia estadounidense en xullo de 2002. Durante a sú captura recibiu tres disparos e quedou case cego dun ollo a consecuencia das feridas. Malia que Omar Khadr estaba gravemente ferido, o seu interrogatorio comezou así que o puxeron baixo custodia. El afirma que durante os interrogatorios lle foron denegados medicamentos para as feridas, e que lle taparon a cabeza cunha bolsa e tivo que parmanecer durante horas atado por riba do lintel dunha porta.

Omar Khadr foi trasladado á baía de Guantánamo en outubro de 2002. Afirma que, logo de chegar, foi sometido a tortura e malos tratos; por exemplo, púñanlle grillóns nas mans e os pés con cadeas curtas que suxeitaban a unha argola no chan e deixábano de cinco a seis horas.

Agora Amnistia Internacional comezou unha campaña pola sua extradición.


Enviado o 23 de Xullo ás 10:40:59
Ler máis...

 IMPUTADOS FUNCIONÁRIOS POR CORRUPCIÓN

Notícias 1 “Entre os muros do cárcere de Palma, cinco funcionários e seis reclusos estabeleceran as suas próprias leis mafiosas, con tráfico de estupefacientes e malleiras incluídos. O envio dun corazón de proco ao director da prisón foi o princípio do fin das duas bandas, corruptas e enfrentadas, que controlavan empregados de Instituicións Penitenciárias. Un dos implicados é un médico de prisións, que presumivelmente manipulava as análises de controlo de consumo de drogas, segundo fontes policiais”, informa El País.


Enviado o 22 de Xullo ás 16:27:54
Ler máis...

 ÁUSTRÁLIA: VISITA DO PAPA

Notícias 2O Tribunal Federal de Austrália resolveu o pasado dia 15 anular a regulación da Governadora de Nova Gales do Sul, Marie Bashir, que estabelecia que as persoas que “incomodasen” os participantes do Dia Mundial da Juventude, organizado pola igrexa católica, poderiam ser arrestadas e sancionadas con multas de até 5.500 dólares australianos.

O fallo foi aplaudido por organizacións de direitos humanos. Rachel Evans, da Coaligación Non ao Papa, descreveu-no como “unha importante vitória para o movimento de protesto”, informa Inter-Press.


Enviado o 20 de Xullo ás 10:23:50
Ler máis...

 ALCALDE CURIOSO

Notícias 1“O alcalde de Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez Ambrosio, contratou hai un ano unha Axencia de Detectives para “controlar, observar, fotografar, gravar e, en definitiva, perseguir e acosar” a un traballador do concello. A actitude deste alcalde contra o traballador xa ten provocado que o concello fora sentenciado a pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da súa integridade moral”, denuncia Unión Local de Verín da CIG.


Enviado o 18 de Xullo ás 18:28:44
Ler máis...

 DEZ ANOS SEN EGIN

Notícias 1“Unha caravana de automóveis partiu sobre as 11 da mañá do 15.07.2008 desde Martin Ugalde Kultur Parkea para a antiga sede do rotativo Egin e da emisora Egin Irratia situada no poligono Eziago de Hernani.

Con esta inciativa denunciaron o fechamento hai agora unha década destes meios de comunicación asi como a clausura de outros como Euskaldunon Egunkaria ou Ardi Beltza, informa Gara.


Enviado o 17 de Xullo ás 17:33:20
Ler máis...

 ESPIONAXE A XORNAL

Notícias 1As xestións realizadas pola empresa editora de GARA perante a Compañia Telefónica con obxecto de transladar a ubicación dunha liña en Iruñea puxeron ao descoberto a existéncia de escuitas policiais a este xornal. Estas xestións demonstrarian que todas as chamadas recebidas na delegación de Gara en Iruñea son rebotadas à Xefatura Superior da Polícia Nacional. Baigorri Argitaletxea apresentou a correspondente denúncia perante o Xulgado de Iruñea. A delegación do Governo español en Nafarroa anunciou que o Ministério de Interior fará púbica unha nota ao respeito”, informa o xornal Gara.


Enviado o 17 de Xullo ás 17:24:56
Ler máis...

 CARTA AO ALCALDE DE COMPOSTELA

Notícias 2Con data 13 de Xullo de 2008, o Presidente de EsCULcA, Fernando Martínez Randulfe dirixiu-se a Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Compostela designado este ano pola casa real española como delegado na oferenda ao apóstolo Santiago que cada 25 de Xullo se celebra na catedral compostelana, para lle manifestar “a nosa séria e rigorosa crítica” por aceitar participar como representante público nun acto relixioso nun tempo católico.

“Non cabe a menor dúvida que todas as potestades e funcións que ten atribuídas pola Constituición, o Estatuto de Autonomia e as Leis son exclusiva e estritamente de carácter civil”, subliña-se no escrito.


Enviado o 14 de Xullo ás 13:26:21
Ler máis...

 ALCALDE NA CATEDRAL

Notícias 1“O seu primeiro contributo à España plural de Zapatero foi defender a Oferenda ao Apóstolo das reformas laicas do seu partido. “Non percebo que a sociedade reclame mais laicismo”, afirma Sánchez Bugallo, futuro delegado da monarquia española na oferenda católica que terá lugar este 25 de Xullo na catedral de Compostela, na entrevista que publica hoxe (12.07.2008) o xornal El País.

No entanto, o mesmo xornal informa que, segundo os resultados da sondaxe de Metroscopia encarregada por este meio, asi como “... un 47% está ‘bastante’ ou ‘mui’ de acordo con a celebración de funeria de Estado relixiosos, frente a un 33% que os rexeita. As percentaxes inverten-se praticamente cando se pergunta se está de acordo con que exista un bispo castrense, que no acto de promesa do cargo de ministro haxa un crucifixo ou que nalgunhas cerimónias relixiosas (como as procisións) teñan que estar autoridades civis”.

Como fai todos os anos, EsCULcA enviará ao Sr. Sánchez Bugallo unha solicitude formal instando-o a non acudir, na sua condición de autoridade civil, a este acto católico e a respeitar o princípio de separación do estado e a(s)igrexas(s).


Enviado o 13 de Xullo ás 12:59:09
Ler máis...

 EUROPA: LIBERDADE, IGUALDADE, FRATERNIDADE

Notícias 1 Serge Fosso colocava a sua bagaxe de mao no compartimento sobre o seu asento no avion que o levaria de Bruxelas a Douala cando sentiu os berros doutro pasaxeiro. Soubo daquela que o vóo era usado para a deportación forzosa dun imigrante do Camerun. Decidiu que non podia “permanecere indiferente perante ese pedido de auxílio”. Foi unha das persoas que deixaron rexistada a sua preocupación polo que acontecia.

Conseguiu filmar un grupo de axentes que rodeavan o imigrante, antes de ouvir que un deles dicia: “arresten-no tamén a el”. Fosso foi alxemado, “escoltado” de volta ao edifício do aeroporto e levado a unha cela onde o mantiveron 11 horas sen água, comida nen posibilidade de chamar por telefone ....


Enviado o 11 de Xullo ás 15:56:16
Ler máis...

 CONTRA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Notícias 1 Pintada de apoio aos dous mozos A Audiencia Nacional condenou os dous mozos independentistas cataláns, Jaume Roura e Enric Stern, acusados de queimar, publicamente, varias fotografías do monarca español en 2007, a unha pena de prisión de quince meses, substituíbel por unha multa de 2.700 euros para cada un.

É a mesma pena á que os condenaron no mes de novembro pasado, nun xuízo que finalmente se anulou porque os dous mozos non puideran declarar en catalán, co que ficaba vulnerado o seu dereito á última palabra. A intención do avogado de Stern e Roura, Benet Salellas, é a de recorrer a sentenza porque esta segunda é, segundo dixo, igual que a emitida en novembro"Non tocaron nin unha coma, mesmo a fundamentación é a mesma", dixo, ao tempo que denunciaba que se trata, ao seu ver, dun "acto de corporativismo xudicial", informa Vieiros.


Enviado o 11 de Xullo ás 10:37:59
Ler máis...

 TORTURA E HONRAS FÚNEBRES

Notícias 1O pasado 7 de Xullo foi enterrado con honras oficiais Antonio Gil Rubiales, condenado en 1990 por torturas con resultado de morte, informa 20 Minutos .

O 22 de Febreiro de 1981, despois de nove dias de arresto, Joxe Arregi foi ingresado na Prisión-Hospital de Carabanchel onde, segundo manifestou un alto cargo do Ministério de Xustiza, “chegou destrozado”. Às poucas horas falecia a consecuéncia das torturas.

Nove anos despois o Tribunal Supremo español condenou por estes feitos Juan Antonio Gil Rubiales a tres meses de arresto e dous anos de suspensión de emprego e soldo, o que non impediu a sua promoción profisional.

En 1993 Rubiales foi ascendido a Xefe da Xª Unidade de Intervención Policial en Las Palmas de Gran Canaria e en 2005 asumiu a responsabilidade da Comisaria Provincial. En recoñecimento a sua traxectória concedeu-se-lle a Medalla de Plata al Mérito Policial –un ano despois da morte de Arregi- e a de Caballero Legionario del Honor. Agora mereceu un enterramento con honras oficiais.


Enviado o 10 de Xullo ás 20:03:34
Ler máis...

 DENUCIA POR VULNERACIÓN DO DIREITO À INFORMACIÓN

Notícias 1Na súa visita a Ourense o pasado 3 de xullo, a Ministra de M. A. Elena Espinosa afirmou que NON asinara aproveitamento hidroeléctrico ningún no Sil. Días despois o proxecto de Santo Estevo II denunciado por ADEGA foi confirmado polos responsábeis de Iberdrola en Galiza, e finalmente este 8 de xullo saíu publicada a súa aprobación no BOE, asinado pola desmemoriada Ministra con data 23 de maio! Deste xeito, fica demonstrado por escrito que a Sra. Espinosa mentíu e que as súas declaracións só pretendían sementar a confusión.”, denuncia a asociación ecoloxista Adega .

A Constituición española recoñece e protexe o direito “A comunicar ou receber libremente información veraz por calquer meio de difusión (Art.20.d – Dos Direitos Fundamentais e das Liberdades Públicas.


Enviado o 10 de Xullo ás 12:13:26
Ler máis...

 A MEDIDA DA IGREXA CATÓLICA

Notícias 1“Seguir mantendo uns disparatados Acordos con a Santa Sé. Manter un vergoñoso e decimonono financiamento da igrexa católica, xunto con a isención de alguns impostos ou a dádiva de solo público e património, alén da concesión e financiamento de meios de comunicación, que atentan contra princípios democráticos. Permitir, por parte dos poderes públicos, a opacidade e concepción non democráticas e/ou a vulneración de direitos humanos por parte de certas asociacións vinculadas às diferentes igrexas. Manter a relixión nos centros escolares en horário lectivo obrigatório, asi como potenciar e alargar o financiamento de centros de ideário exclusivamente católico, en detrimento do ensino público. Manter os denominados funerais de Estado de ideoloxia maioritariamente católica, xa que segundo unha afirmación, pouco rigorosa, dalguns dirixentes do PSOE: non existen alternativas civis. Manterán-se capelas católicas, capeláns nos cadros de funcionários e órgaos consultivos ou de decisión, actos relixiosos e culto en cuartéis, hospitais, cárceres, etc. Continuarán sendo considerados como delitos, na nosa lexislación, alguns dogmas relixiosos e certos pecados”, denuncia Europa Laica no comunicado emitido a seguir o o congreso do PSOE: A mesura ou un suposto modelo de laicidade a medida da igrexa católica.


Enviado o 10 de Xullo ás 12:01:18
Ler máis...

 UE: AXUDA HUMANITÁRIA?

Notícias 1Eritrea receberá da UE mais de 115 millóns de euros nos próximos cinco anos en conceito de axuda humanitária apesar das duras críticas das organizacións de direitos humanos que temen que estos fondos se destinen a manter o rexime ditatorial de Isaias Afewerki. “O comisionado europeu para a axuda ao desenvolvimento, Louis Michel, visitou Afewerki en Asmara o pasado mes de Xuño sen que transcendese o contido das suas conversas. Hai agora un ano, cando Afewerki se entrevistou en Bruxelas con Michel, este non fixo alusión algunha na conferéncia de prensa posterior às condicións económicas do país, a sua relación con os países limítrofes nen a situación dos direitos humanos”, denuncia Kassahun Checole , que afirma esta axuda supostamente humanitária ser causa de "desesperanza e desespero" para as organizacións humanitárias proibidas polo rexime de Afewerki.


Enviado o 10 de Xullo ás 10:48:22
Ler máis...

 GUANTANAMIÑO

Notícias 1Persoas migrantes en situación administrativa irregular que tentan chegar a Europa son submetidas en Mauritánia a maus tratos e expulsións colectivas –non sempre aos seus países de orixe- sen poderen impugnar a decisión, informa o relatório que Amnistia Internacional fixo público o pasado 1º de Xullo: Ninguén quer saber de nós . Muitas destas persoas, son internadas sen controlo xudicial algun nun ateigado centro de Nuadibu coñecido na zona como “Guantanamiño” onde as forzas de seguranza recluen tamén persoas doutros países africanos que non tiñan intención algunha de emigrar a Europa.

“Esta política de arrestos e expulsión colectivas aplicadas polas autoridades mauritanas é o resultado da intensa presión que a UE, en particular o Estado español, exerce sobre Mauritánia na sua tentativa de fazer participar diversos países africanos nos seus esforzos por combater a migración irregular a Europa”, manifesta Salvatore Saguès.


Enviado o 10 de Xullo ás 10:29:01
Ler máis...

 COERÉNCIA LAICA

Notícias 1“O alcalde da Coruña, Javier Losada, inaugurou onte xunto con o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o presidnete da Autoridade Portuária, Macario Fernández, unha grande estátua à Vixe do Carme en pleno centro da cidade. Losada asistiu à estrea do monumento o mesmo dia en que o PSOE acordou no seu Congreso federal suprimir os símbolos relixiosos en actos públicos”, informa El País .


Enviado o 06 de Xullo ás 13:53:56
Ler máis...

 DIREITO A OFENDER

Notícias 2No decurso do 61º Congreso da Asociación Mundial de Xornais, celebrado o pasado mes de Xuño en Göteborg (Suécia), tivo lugar unha mui interesante mesa redonda sobre os limites da liberdade de expresión e a liberdade de prensa: Ofender, incomodar, perturbar: un direito inerente à liberdade de prensa?

Tomando como ponto de partidas as reaccións que non deixa de suscitar a publicación en 2005 de várias caricaturas de Mafomé, Philippe Val (Charli Hebdo), Ulf Johansson (Nerikes Allehanda), Jehad Momani (director do semanário xordano Shihane, que pode ser condenado a morte por ter publicado as caricaturas), Ali Amar (Le Journal Hebdomadaire), Dinah PoKempner (Human Rights Watch) , Kena Malik (profesor e xornalista radiofónico no Reino Uido), Mona Eltahawy (xornalista, comentarista e profesora de asuntos árabes e musulmanos nos EUA), Ali Dilem (caricaturista arxelino procesado en 50 ocasións), Kenan Malik (escritor e profesor na Univ. de Surrey), moderados por Miklos Haraszti (representante da OSCE), analisaron demoradamente o direito a ofender e as suas consecuéncias.

Pode ler-se o texto completo das intervencións aqui.


Enviado o 06 de Xullo ás 13:48:58
Ler máis...

 FONTES CONFIDENCIAIS

Notícias 1O pasado 26 de Xuño, o Tribunal Superior de Xustiza do Reino Unido requeriu o xornalista free-lance Shiv Malik para que entregase, num prazo máximo de sete dias, todo o material de investigación utilizado no seu libro Leaving Al-Qaida: Inside de Mind of a British Jihadist, sobre a experiéncia do ex-islamista radical Hassan Butt.

O Tribunal xustificou a sua decisión pola necesidade de “encontrar un equilíbrio entre a protección do material confidencial dos xornaistas e o interese colectivo de facilitar as investigacións sobre o terrorismo”, informa IFEX.


Enviado o 06 de Xullo ás 12:38:33
Ler máis...

 O ESQUECIDO CASO DO ÁNTRAX

Notícias 2“Em 27 de Junho passado, o governo Bush concordou em pagar a Steven J. Hatfill a quantia aproximada de seis milhões de dólares pela desistência da ação que ele estava movendo contra o Departamento de Justiça. O FBI tinha considerado o possível envolvimento de Hatfill no envio das cartas contendo anthrax, que matou cinco pessoas nos Estados Unidos, em seqüência aos ataques às torres gêmeas de Nova York em 11/09/2001. Por pressão do FBI, Hatfill perdera o emprego que tinha na Louisiana State University. Um porta voz do Departamento de Justiça disse que não havia nenhuma responsabilidade de Hatfill nos acontecimentos e o acordo foi feito "no melhor interesse dos Estados Unidos", informa CMI Brasil .

Por outra parte, a xornalista Toni Locy foi condenada por un xuiz federal de Colúmbia con unha elevada sanción económica por negar-se a revelar as fontes de dous artigos que publicara sobre o caso do ántrax. Toni Locy e outros colegas de diferentes meios fixeran pública a identidade de Steven Hatfill como persoa suspeitosa dos atentados en base a informacións conseguidas en fontes governamentais. A sentenza foi suspendida o 11 de Marzo por un Tribunal de Apelación de Columbia, segundo informa a asociación Reporteiros sen Fronteiras.


Enviado o 05 de Xullo ás 08:56:51
Ler máis...

 ITÁLIA: ESTADO PROXENETA?

Notícias 2Z.C., “a prostituta mais famosa de Itália”, caiu nas redes do fisco cando nun controlo da sua conta bancária detectou-se que entre 2005 e 2008 ingresara 357.000 euros. Ao ser interrogada, a muller aceitou que ese diñeiro era fruto do seu traballo como prostituta e agora a Guarda de Finanzas pretende que pague 90.000 euros en conceito de impostos.

“A axéncia de ingresos fiscais está fora das regras -afirma Pia Covre, Secretária Xeral do Comité para os Direitos Civis das Prostitutas- pois a chamada Lei Merlin proibe a explotación da prostituición por parte do Estado”.

A lider histórica dos direitos das prostitutas admite que a lexislación italiana nesta matéria é ambígua: a lei Bersani-Visco consente gravar os réditos derivados de actividades ilegais, mais “a prostituición non é ilegal” subliña. O de Z.C. non é o único caso: “Outras mulleres a quen aconteceu o mesmo xa apresentaron recurso con o apoio dos nosos servizos xurídicos. Agora temos de aguardar o resultado destes recursos e despois decidiremos se denunciamos a Axéncia por explotación da prostituición. Hai unha sentenza do Tribunal de Casación que afirma que as prostitutas non teñen que pagar taxas. Se queren os cartos das prostitutas terán que modificar a lei Merlin”, conclui Pia Covre.


Enviado o 04 de Xullo ás 16:38:19
Ler máis...

 MISIÓNS DE PAZ?

Notícias 1“Segundo o Secretariado da ONU, praticamente en todas as misións de paz das Nacións Unidas, incluídas a República Democrática do Congo, Serra Leoa, Kosovo, Costa de Marfin, Libéria e Haiti, se producen abusos sexuais e violacións”, afirma Thalif Deen, autor dun artigo tan interesante como perturbador sobre a pasividade do organismo internacional frente a feitos desta envergadura (U.N. Lacks Muscle to Fight Sex Abuse in Peacekeeping).

“O único que pode facer o Secretariado é deportar os responsáveis, como se fixo no caso de 108 nacionais de Sri Lanka que participavan nunha misión de paz en Haiti (Minustah), acusados de explotación e abusos sexuais a menores”, declara un funcionário. Afirmación que nega rotundamente Jessica Neuwirth, presidenta de Equality Now, que enumera as medidas que a ONU poderia tomar para evitar as agresións.


Enviado o 04 de Xullo ás 13:49:40
Ler máis...

 MEDIDAS DE INSPIRACIÓN NAZI

Notícias 2“A Comisión Europea deve levar o Governo Italiano perante o Tribunal de Xustiza Europeu”, afirma nun duro Comunicado. emitido o pasado 30 de Xuño a eurodeputada Renate Weber.

“A recollida de impresións dixitais a unha comunidade inteira por razón da sua pertenza a un determinado grupo étnico asi como a criación de unha base de dados da comunidade cigana de Itália, son medidas de inspiración nazi, inaceptáveis nun estado democrático de direito. Mais grave ainda é a iniciativa de submeter as nenas e os nenos desta comunidade ao mesmo tipo de medidas.”

"De levaren a cabo estas accións, as autoridades italianas vulnerarian o direito à igualdade e non discriminación tal e como está estabelecido no Tratado da UE, na Convención Europa de Direitos Humanos, na Convención Internacional para a Eliminación de todas as formas de Discriminación Racial, a Convención Internacional de Direitos do Neno, asi como as directivas da UE 43 e 78, do ano 200, que proiben a discriminación por razón de pertenza a grupos étnicos ou raciais, e a Directiva 38/2004 sobre liberdade de movimentos das cidadás e cidadáns europeus.”


Enviado o 03 de Xullo ás 17:11:38
Ler máis...

 OBXECTIVO: ENSINO LAICO

Notícias 2 “O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado o pasado 26 de xuño, aprobou o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007, no que se tivo en conta, entre as emendas presentadas pola CIG-Ensino, a que insta “ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.” Unha emenda que foi aprobada con 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións.”, informa Externas Avantar .

Esta proposta defendida no Consello Escolar do Estado polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, é semellante á que o Consello Escolar de Galiza, na reunión do 28 de abril, co motivo do debate do Decreto de Bacharelato, se negou, non só a tela en consideración, senón mesmo a que se puidera votar a emenda transaccionada de CIG que dicía: “O Consello Escolar de Galiza recomenda ás autoridades educativas que no futuro o ensino das confesións relixiosas non teña presenza nas ensinanzas escolares”.


Enviado o 03 de Xullo ás 13:35:40
Ler máis...

 MEDIDAS XENÓFOBAS

Notícias 1 “O ministro de Interior italiano, membro da Liga do Norte, Roberto Maroni, anunciou recentemente que se procederá a tomar as impresións dixitais de todas as persoas de etnia cigana que viven en Itália, nenas e nenos incluídos. Cinicamente, xustifica a medida pola necesidade de protexer os menores!” asi comeza o texto. que La voix des Rroms e EveryOne Group pretenden enviar às autoridades italianas e europeas e para o cal solicitan asinaturas de apoio.

“Dicemos NON a esta proposta que nos devolve aos anos mais sombrios da história europea e mundial! Non esquezamos que os ciganos foron amiúde cobaias de políticas de represión e extermínio, como aquelas crianzas ciganas de Chéquia con que os nazis experimentaron o Zyklon B antes de o utilizar nas cámaras de gas “, concluen.


Enviado o 03 de Xullo ás 13:15:27
Ler máis...

 GRAVACIÓNS IRREGULARES E FISCAL XERAL

Notícias 1”A Fiscalía General del Estado non considera irregular a gravación dos detidos por parte das Forzas de Seguranza, mesmo cando o fan con dispositivos particulares, tais como os teléfonos móbiles ou as cámaras dixitais persoais. Segundo a Fiscalía esta medida non entra en contradición coa normativa recollida no Código Penal referida ás obrigas dos funcionarios da Administración Pública, nin coas condutas dos tipos comúns relativas a "Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio”, xa que segundo a súa consideración, estes principios” esixen un elemento subxectivo no comportamento do suxeito activo”, e como neste caso as gravacións se realizan coa finalidade de “protexerse” en caso de denuncias de malos tratos, xa que logo, asegura que non existe a vontade activa do suxeito”, informa o MpDC.


Enviado o 03 de Xullo ás 12:54:13
Ler máis...

 CONCELLO POUCO COLABORADOR

Notícias 1”O Defensor del Pueblo dirixiuse por segunda vez ao Concello de Santiago para demandar a remisión urxente dun informe, logo de que a administración local teña demorado durante máis de sete meses a contestación a unha queixa tramitada polo Movemento polos Dereitos Civís a través do Defensor. A administración local ampárase na escusa de que no seu rexistro non consta a entrada da solicitude de información presentada polo MpDC sobre unha actuación da Policía Local durante a madrugada do 25 de xullo de 2006.”, informa o MpDC.


Enviado o 03 de Xullo ás 12:45:48
Ler máis...

 CRISE DO DIREITO DE ASILO

Notícias 1”En 2007, encanto países como Síria ou Xordánia acolleron centos de millares de refuxiados do Iraque, na UE apenas puderon solicitar asilo 38.286 cidadáns deste país. Aliás, os 27 tampouco puxeron en marcha programas de reasentamento para os refuxiados iraquianos en situación mais vulnerável e, no caso de España, fechamso as portas, através dunha denagación masiva da protección, a mais de mil persoas que a princípios de 2007 pediron asilo nas nosas embaixadas de Exipto, Síria e Xordánia”, afirma-se nas conclusións do Relatório da CEAR de 2008.

O relatório apresenta provas irrefutáveis sobre as crecentes dificuldades con que deparan as persoas que procuran asilo na UE e no Estado español, “no contexto dunha grave crise do direito de asilo”.


Enviado o 02 de Xullo ás 20:04:36
Ler máis...

 CIMEIRA CIDADÁ EUROPEA

Notícias 2A França considera o tema das imigrações como uma das prioridades durante a presidência francesa da União Européia no segundo semestre de 2008;

Nos dias 13 e 14 de outubro, o conselho de ministros da União Européia se reunirá em Paris para adotar un “pacto europeu sobre imigração e asilo”.

A França pretende propor à seus homólogos europeus a adoção de acordos de « gestão dos fluxos migratórios e de co-desenvolvimento” como modelos de negociação pelos quais, por uma parte, faz a promoção de uma imigração elegida, e por otra parte, pede aos países dos sul de readimitir seus cidadãos e de países terceiros que tenham transitado por seu território.

Nos dias 17 e 18 de outubro clamamos à uma mobilização de grande amplitude em Paris, para outra concepção sobre imigração e sobre outra relação entre a União Européia, a África e o restante do mundo. Organizamos a segunda conferência não-governamental euro-africana, uma importante manifestação por outra política européia e um grande concerto.”, afirma-se no manifesto Chamada à mobilización cidadá para unha cimeira cidadá sobre migracións promovido pola CIMADE e ao que xa se sumaron numerosas asociacións europeas.


Enviado o 01 de Xullo ás 19:25:35
Ler máis...