Por desviación de poder de axente da PN
19/05/2013

O pasado 8 de maio, EsCULcA presentou escrito no rexistro da oficina do Valedor do Pobo interesando se tramite queixa pola actuación dun axente da policia nacional que o dia 26 de febreiro, ás portas do Parlamento, non só incumpriu a obriga de portar visibel a súa identificación,senon que tamén negou a mostrar a unha cidadá o seu número de TIP e despois denunciouna.

Ler o artigo completo


En visita de carácter estritamente relixioso
19/05/2013

O principio constitucional "ningunha confesión terá carácter estatal" volve ser cuestionado esta fin de semana en Compostela, onde as relacións de "cooperación coa Igrexa católica e demais confesións" se converten en mobilización das principais autoridades para recibir representantes do Vaticano que veñen participar nos seus actos litúrxicos.

Ler o artigo completo


Relatan testemuñas dos feitos
18/05/2013

O pasado 11 de outubro, despois dunha marcha que decorrera sen incidentes por varias rúas de Ourense, un nutrido grupo de estudantes diríxiuse á Biblioteca Nodal, custodiada por un forte dispositivo policial. Segundo diversas testemuñas, a atitude dun axente desencadeou un altercado que se saldou con duas persoas detidas e varias contusionadas.

Ler o artigo completo


15 de maio - Al-Nakba
17/05/2013

Como cada 15 de maio o pobo palestiniano conmemora a Al-Nakba. O desastre. O comezo do éxodo que obrigou millares de palestinian@s a abandonaren o lar e a terra, ocupados por Israel. Ese dia o Parlamento galego aprobou unha resolución promovida por BDS-Galiza en que reclama á comunidade internacional que exixa a Israel o cumprimento das resolucións da ONU. 

Ler o artigo completo


Xornadas de EsCULcA na Facultade de CC.EE. de Ourense
17/05/2013

Os próximos dias 3-6 de xuño terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense as xornadas anuais que organiza EsCULcA na Universidade de Vigo, este ano sob o título: "A saúde, un dereito universal?". Os traballos decorrerán na aula 4.3 do Edificio de Ferro a partir das 16:00 e a incripción é libre e gratuita.

Ler o artigo completo


Na prisión de Maó
17/05/2013

 

Carlos Silva, o interno do Centro Penal Menorca que apareceu esganado na súa cela o pasado 27 de abril e faleceu dias días mais tarde, despois de permanecer case unha semana en estado de morte cerebral, ía declarar perante o xuíz como testemuña da acusación nun caso de alegadas agresións de funcionarios da prisión a outro recluso.

 

Ler o artigo completo


Reportagem sobre o último relatório da CPDT
14/05/2013

Diario Liberdade publica umha pormenorizada análise dos dados sobre torturas e maus tratos na Galiza referidos ao passado ano 2012 e incluídos no último relatório da Coordenadora para a Prevençom e Denúncia da Tortura (CPDT). A reportagem saliente a importáncia das denúncias de persoas presas e movimentos sociais e inclui a descriçom de todos os casos denunciados.

Ler o artigo completo


Funcionários de Mansilla de las Mulas
14/05/2013

A plataforma Que Voltem para Casa denuncia que familiares do preso X. R., interno no  penal de Mansilla de las Mulas (León),  forom submetidas a trato vexatório o passado dia 11 de maio por funcionários do centro. Um aparente falho mecánico do sistema de controlo e o uso arbitrário de medidas excepcionais derom pé às humilhaçons infligidas ao grupo familiar.

Ler o artigo completo


Dados pessoais de cidadãos e cidadás europeias
13/05/2013

As instituições europeias estão a transferir dados pessoais em bruto de cidadãos da União para autoridades dos Estados Unidos denuncia eurodeputado cipriota depois de ter sido divulgado o relatório Direcção de Supervisão Conjunta, órgão que verifica se a Europol (polícia europeia) cumpre o acordo de forma adequada, o que não acontece.

Ler o artigo completo


Presidente da Câmara Municipal exerce de cura
13/05/2013

Confundindo responsabilidade institucional e filiação religiosa, o presidente da câmara municipal da Corunha, Carlos Negreira, pediu ontem à Virgem do Rosário, que "interceda por aqueles que estão a passar pior" como "os desempregados, os marginalizados e os doentes". Fê-lo durante a cerimónia da Função do Voto, celebrada na Praza de María Pita.

Ler o artigo completo