You are hereSobre os direitos humanos

Sobre os direitos humanos


ESTADOS NON RATIFICANTES

Co gallo da celebración do Día Escolar da non violencia e pola Paz, laiábase Manuel Bragado nun excelente artigo nestas mesmas paxinas, de que  Estados Unidos e China continuaban sen ratificar os dous principias tratados internacionais sobre dereitos humanos: “O pacto internacional de dereitos económicos, sociais e culturais”, no caso dos Estados Unidos e “O pacto internacional sobre dereitos civís e políticos” no caso de China. Denunciar esta situación semella algo imprescindible e obrigatorio como recordatorio do moito que aínda hai que facer neste eido. Poren, gustaríame aportar aquí unha información adicional sobre este particular para non facer descansar as denuncias,exclusivamente,sobre os países e estados que sabemos-hai abondosa literatura e información sobre esto-incumpren sistematicamente as Declaracións sobre os Dereitos Humanos ou non asinaron ningún ou poucos dos convenios ou protocolos relativos a eles.

No numero correspondente ao 1 de xaneiro de 1995 do Human Rights Law Journal, Jean-Bernard Marie, director de Investigación na Secretaria Xeral do Instituto Internacional de Dereitos Humanos de Estrasburgo, publicaba un informe completo das convencións, declaracións e protocolos asinados polos Estados membros ou asociados ás Nacións Unidas en materia de dereitos humanos. Segundo este informe, o total de pactos ou protocolos subscritos por NNUU, polo que atinxe ao cumprimento dos dereitos humanos, é de 103; cifra que se mantén aínda hoxe. Tales pactos ou protocolos clasifícanse en catro categorías: convencións xerais, convencións especificas que atinxen a certos dereitos en particular, convencións que protexen a determinados grupos ou colectivos de persoas, e convencións relativas ás múltiples discriminacións que se practican en todo o mundo.

Pois ben, existe un estado que das 103 convencións internacionais que amparan os Dereitos Humanos só ten asinado 10, o que o sitúa por detrás de Ruanda. Tal estado non só no ten asinado nin un só convenio  contra os crimes de guerra, contra a humanidade,  nin contra o apartheid, senón que tampouco ten ratificado ningunha das convencións pola supresión da escravitude, dos traballos forzados, da tortura, ou da pena de morte. Tampouco asinou ningún convenio ou protocolo internacional  sobre a supresión das discriminacións baseadas na sexualidade, a ensinanza, o emprego, a profesión ou as relativas á protección dos pobos indíxenas, os dereitos dos traballadores ou os dereitos das mulleres.

A aceptación dos dereitos humanos constitúe pois para ese estado un problema aínda non resolto nin para afora nin para dentro.Para afora non pode aceptar os dereitos humanos, tal como están positivizados, porque a concepción universal dos dereitos humanos é allea á natureza mesma dun estado que non os recoñece tal como os concibe o dereito internacional se estes contradín o seu Maxisterio. E para adentro porque é unha monarquía absoluta que vulnera e viola centos de dereitos dos seus propios membros.

Ese estado  chámase Estado Vaticano.

*Presidente da Asemblea Republicana de Vigo

NEWSLETTER

Boletín electrónico
Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

Último Número

BIBLIOTECA

Luz Gómez (ed.)
Jaume Asens e Gerardo Pisarello

30 de Agosto de 2014

Redes Sociais