You are hereCárcere perpetuo

Cárcere perpetuo


As propostas penitenciarias de Ruiz-Gallardón

Para decatármonos do que é a prisión permanente revisábel que propón o Ministro de Xustiza, Ruiz-Gallardón, nada mellor que un (re) visionado da longametraxe “The shawshank redemption” (“Cárcere Perpetuo”). Ópera prima de Frank Darabont sobre un conto de Stephen King, salientan as interpretacións de Tim Robbins e Morgan Freeman.

A historia xira arredor dun fato de condenados á pena que quere introducir Gallardon. Persoas ás que se condenou e tirou a chave pondo a revisión de cadansúa condena nas mans dunha Xunta Administrativa Estatal (non dun Tribunal de Xustiza) que rexeita sistemáticamente os pedimentos de condena condicional dos reos por coidar que nunca ofrecen plenas garantías de rehabilitación. E,deste xeito, o bibliotecario, preso dende a súa primeira xuventude, non acada a condicional até a súa vellez. Excuso dicirlles que non aturou a proba de vivir nun mundo extraño que xa non coñecía e deu cabo da súa vida.
O cárcere permanente revisábel é inconstitucional e se a revisión se deixa nas máns dun órgano gobernativo é, asemade, un despropósito.  O sistema penal español é duro de máis, dende o Código Penal de Belloch (1995), nomeadamente en comparanza con outros Estados europeos que acadan meirandes níveis de criminalidade e onde as penas teñen un inequívoco xorne rehabilitador. Que os psicópatas e violadores adoitan ser de moi complexa rehabilitación? Impoñámoslles medidas de seguranza ( ordes de afastamento, controis de presenza, restricións para determinadas actividades) mais manteñamos a limitación da duración da prisión, que é unha conquista fulcral da nosa cultura democrática, baseada no respecto aos dereitos humanos.
Determinados políticos tentan resolver os problemas da sociedade con máis castigos. Mesmo hai quen pretendería impoñelos de xeito restritivo. E semella que non nos decatamos que o trunfo destas teses é a derrota da civilización e dos valores liberais e democráticos.

NEWSLETTER

Boletín electrónico
Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

Último Número

BIBLIOTECA

Luz Gómez (ed.)
Jaume Asens e Gerardo Pisarello

VIDEOTECA

David Fedele
Hany abu-assad

19 de Outubro de 2014

Redes Sociais