You are hereGeronimo EKIA (enemy killed in action)

Geronimo EKIA (enemy killed in action)


DANILO ZOLO

 

Duas dúcias de Rambos en dous helicópteros dos EUA en território soberano do Paquistán, un ataque surpresa con armas de fogo, un cadáver fantasma, unha cerimónia nun porta-avións con enterro no mar. Con un guión de efeitos especiais, contado como unha emocionante saga hollywoodiana, ficou sancionada a morte do direito internacional, un conxunto de regras motivadas, estudadas e compartilladas ao longo de décadas, frias e racionais, que permiten resolver litíxios escaldantes que alimentan tensións dramáticas. O inimigo mortal xustifica o uso da forza -lea-se violéncia- degradando asi un direito compartillado. As regras están escritas para o uso e o consumo privado, perdendo asi o carácter universal e sancionando,de feito, a lei do talión.

* * * 
Profesor, un blitz ilegal  da perspectiva do direito internacional? Pondo de parte a emotividade da notícia, asistimos ao desmantelamento das regras compartilladas (polo menos segundo os tratados)?

Asistimos a unha distorsión radical do direito internacional, que se converteu nunha cousa risível polo xeito en que o aplica a comunidade internacional. Está claro que os EUA utilizan as Nacións Unidas e o seu Consello de Seguranza como cobertura. Asaltan, usan armas potentísimas, matan dúcias, centos de millares de persoas, como no Iraque, e despois obteñen do Consello de Seguranza unha aceptación de facto da realidade. É para isto que serve a ONU, para xustificar post factum crimes gravísimos. Hai tres crimes que están sendo perpetrados por Obama: a guerra no Afeganistán, que continua con a matanza de persoas inocentes, sen nengun fundamento no direito internacional ou a Carta das Nacións Unidas; a guerra contra Líbia, outra violación da Carta das Nacións Unidas no seu artigo 2, parágrafo 7, que proíbe calquer intervención no interior dun estado en situación de guerra civil; e agora estamos perante outra violación grave, en que un grupo de soldados altamente especializados receberon instrucións de asaltar e matar unha persoa nun terceiro país, Paquistán. Unha violación grave do direito internacional e o direito à vida das persoas, non xustificada por razóns concretas. Porque, que esa persoa fose Bin Laden non se sabe ao certo e, por outra parte, a citada cerimóni e posterior desaparición no mar do cadáver do home asasinado son procedimentos vergoñosos da perspectiva da lei e da existéncia dos seres humanos.


Enfrentamo-nos à necesidade de reformar a lexislación internacional?

A reforma da lei internacional significaria a reforma das Nacións Unidas, mudar a Carta da ONU. Entretanto, fala-se dun direito internacional consuetudinário, mais é falar p'rà feira, conversa de papo furado do momento que non se respeita. Esta reforma requeriria instar os EUA a renunciaren aos seus priviléxios. O Consello de Seguranza, que é o único órgao que pode usar a forza en situacións extremas, está dominado polos cinco membros permanentes e isto xa di muito acerca do seu carácter democrático. A Asemblea non ten poder de decisión nengun. A miña opinión é que non haverá reforma das instituicións internacionais, e portanto tamén non do direito, se non se produz unha mudanza fundamental na correlación de forzas económicas, militares e nucleares con poténcias como a Rúsia, a Índia, a China, o Brasil e mesmo a África do Sul. Se estas poténcias non conseguen estabelecer relacións internacionais que as liberten do domínio dos EUA. Do contrário, non haverá reformas.


O conceito de guerra simétrica complica o cadro.

As guerras libradas polos EUA desde 1991 contra o Iraque son guerras en que existe unha asimetria no poder militar e unha asimetria profunda nas consecuéncias das mesmas: as vítimas militares ocidentais son escasas, encanto as vítimas iraquianas ou afegás das accións militares contan-se por millares, persoas inocentes incluídas. Son as vítimas da guerra e das consecuéncias desta.


Que sinais deu de si própria a tan cacarexada democracia ocidental, segundo V., despois desta acción e de determinadas manifestacións de xúbilo?  Tivo que vir o Vaticano pedir compostura diante da morte.


É curioso que o dixera o Vaticano, que estes últimos anos non se aliñou precisamente con o bando da paz. O pontífice festexou con Bush o seu aniversário e fixo unha declarlación de entusiasmo perante o comportamento dos EUA. Mellor non falar diso.

A respeito de Ocidente, hai xa mais de vinte anos que ven desatando guerras de agresión contra unha série de estados do Oriente Próximo, e todas son guerras que violan o direito internacional. O mesmo nos Balcáns: lembremos a guerra de 1999 contra a Sérbia, xustificada, de feito, con un motivo falso de carácter humanitário e que conduciu ao masacre de millares de sérbios, con un único resultado "humanitário": hoxe, perto de Urosevac hai 7.000 soldados dos EUA, armados até os dentes e dotados de armamento nuclear. Ocidente suspende claramente en matéria de direito internacional. A doutrina dos direitos humanos está en decadéncia porque é unha ideoloxia ocidental totalmente falseada polo comportamento real.

 

Peace Reporter