You are hereA tortura e os maus tratos sistemáticos e institucionalizados a menores palestinos das autoridades israelitas

A tortura e os maus tratos sistemáticos e institucionalizados a menores palestinos das autoridades israelitas


Sección Palestina da OrganizaciÓn Internacional de Defensa de Menores
EsCULcA

Através do testemuño de 33 menores que relatan os abusos dos soldados -desde o momento do arresto até os violentos interrogatórios-, o relatório documenta a prática de tortura e maus tratos a nenos palestinos a maos do exército e a polícia israelitas. Os menores descreven as dores causadas polas alxemas, apertadas para impedir a circulación do sangue, os pontapés e as ameazas -algumhas de morte-. O obxectivo é arrancar confisións, escritas às veces en hebreu, unha língua que os menores palestinos non falan nen entenden, que son despois utilizadas como prova de maneira rotineira nos tribunais militares, onde cada ano resultan condenados unha média de 700 menores palestinos.
A maioria destes menores son encerrados en cárceres do interior de Israel, o que claramente vulnera a Cuarta Convención de Xenebra, e ali receben escasas visitas familiares e pouca ou nengunha educación.

O relatório conclui que a prática sistemática da tortura é posível grazas ao clima de impunidade que impera en Israel, onde nunca foi investigada nengunha das 600 denúncias por maus tratos e torturas realizadas contra a Axéncia Israelita de Seguranza.

Etiquetas

NEWSLETTER

Boletín electrónico
Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

Último Número

BIBLIOTECA

Luz Gómez (ed.)
Jaume Asens e Gerardo Pisarello

VIDEOTECA

David Fedele
Hany abu-assad

29 de Septembro de 2014

Redes Sociais