You are hereL'OTAN, una amenaça global

L'OTAN, una amenaça global


Teresa de Fortuny e Gabriela Serra (eds.)
EsCULcA

Este libro é fruto da campaña NON À OTAN, NON À GUERRA desenvolvida en Catalunya no Outono de 2008 en coordenación con diversas organizacións europeas que integran o movimento pola paz e anti-OTAN. A campaña centrou-se na realización de unha série de actividades en contestación à celebración institucional do sesenta aniversário da constituición da OTAN. Daquel esforzo colectivo naceu a idea de elaborar un texto en que se expuxesen de forma clara os argumentos da campaña e contribuíse a arrecadar apoios para a demanda de disolución da OTAN.
O texto pretende explicar cal foi o significado  da OTAN até agora e o papel que se lle reserva no futuro. Os governos, apoiados eficazmente polos meios de comunicación, procuran atemorizar a populación con o que chaman ameazas globais e apresentan a OTAN como un dos instrumentos mais eficaces para facer frente a esas ameazas. Mais en realidade é a própria OTAN a que representa unha ameaza global e un dos mais sérios obstáculos para a paz e a seguranza mundiais.

Etiquetas

NEWSLETTER

Boletín electrónico
Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

Último Número

BIBLIOTECA

Luz Gómez (ed.)
Jaume Asens e Gerardo Pisarello

29 de Xullo de 2014

Redes Sociais