You are hereThe Israel Lobby and U.S. Foreign Policy
The Israel Lobby and U.S. Foreign Policy
Baseado nun artigo publicado na London Review of Books en marzo de 2006, os profesores Mearsheimer e Walt aprofundan no seu libro no que até agora ten sido un tema tabu: o impacto do lobby israelita na política exterior dos EUA.
Os autores, que se definen a si próprios como filo-xudeus, descreven o extraordinário apoio material e diplomático que os EUA proporcionan ao estado sionista e argumentan que ese apoio non pode ser explicado só por razóns de orde estratéxica ou moral senón que é devido à influéncia política do poderoso lobby israelita. Un lobby que traballa activamente para moldar a política exterior estadunidense nun sentido favorável a Israel e que está formado por persoas e organizacións unidas por intereses que pouco ou nada teñen a ver con a identidade relixiosa ou étnica.
Curiosamente, as agresivas políticas fomentadas por este lobby -defenden Meaersheiner e Walt- non só non benefician en absoluto o interese nacional estadunidense senón que tamén poden prexudicar, no longo prazo, o próprio estado de Israel.
O estudo aprofunda nas manobras do lobby mais tamén alarga a reflexión aos mais recentes acontecimentos no Líbano, a Palestina, a Síria, o Irán ou en asuntos como o do petróleo.
A opinión e a prensa internacionais deron no seu dia ampla acollida ao artigo que deu orixe ao libro e as teses defendidas polos autores foron submetidas a acalorado debate no ámbito intelectual, diplomático e político. Debate en que non faltaron as batidas acusacións de "anti-semitismo" apesar da proclamada e constante defensa que os autores fan do estado de Israel.
Hai versión en español: El lobby israelí y la política exterior de Estados Unidos.










