You are hereA OTAN debe asumir a responsabilidade dos seus actos

A OTAN debe asumir a responsabilidade dos seus actos


VÍTIMAS DOS ATAQUES Á LÍBIA
15/04/2012

Finalizada a campaña militar de 7 meses na Líbia, no decurso da cal foron realizadas mais de 9.700 incursións aéreas e destruídos mais de 5.900 obxectivos, as vítimas civis dos ataques da OTAN continuan sen saber quen é responsábel dos danos e as mortes, denuncia Amnistía Internacional, que pediu sen éxito explicacións polas 55 mortes de civis documentadas.

Amnistía Internacional (AI) afirma ter documentado 55 casos de persoas civis (14 menores, 16 mulleres e 25 homes) mortas polos ataques aéreos en Trípoli, Zlitan, Maxer, Sirte e Brega. Moitos destes ataques foron lanzados contra domicilios particulares en que nin AI nin outras asociacións que os investigaron acharon indicios de teren sido utilizados con fins militares.
Para non investigar se estas baixas foron resultado de violacións do dereito internacional, a OTAN escúdase en que carece de "mandato para levar a cabo actividades na Libia unha vez concluída, o 31 de outubro de 2011, a Operación Protector Unificado" e en que "a responsabilidade principal" de investigar estes casos recai nas autoridades libias.
AI considera que esta resposta equivale a unha negativa da OTAN a asumir a responsabilidade dos seus actos, polo que pede colaboración.

Asinar a petición aqui.

 

Etiquetas

NEWSLETTER

Boletín electrónico
Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

Último Número

BIBLIOTECA

Luz Gómez (ed.)
Jaume Asens e Gerardo Pisarello

22 de Abril de 2014

Redes Sociais