You are hereVítimas da guerra química dos EUA

Vítimas da guerra química dos EUA


As crianzas do Iraque
21/04/2012

"As familias enterran as crianzas recén nacidas así que morren e sen llo dicir a ninguén. Isto prodúcelles enorme vergoña". Nadim Al Hadidi, do hospital de Faluia, explica por qué é imposíbel elaborar un recenseamento de bebés con malformacións conxénitas nesta cidade iraquiana bombardeada con fósforo branco e outras sustancias químicas polos EUA en 2004.

"Aquí son demasiados.Tan só en xaneiro rexistramos 672 casos, mais sabemos que son moitos máis", di Hadidi, responsábel de prensa do centro, apoiándose nunha elocuente mostra de fotografías que expuña nun proxector.

Segundo el, Faluya é hoxe un dos lugares do mundo onde máis crianzas nacen sen cerebro, sen ollos ou cos intestinos fóra da cobertura abdominal. Esa imaxinaría do horror é xa trazo de identidade local. Mentres resulta difícil manter a vista sobre as fotografías, a xente local asegura que podeían sinalar os responsábeiscos ollos pechados.

En 2004 os estadounidenses probaron todo tipo de sustancias químicas e explosivos: bombas termobáricas, fósforo branco, uranio empobrecido. "Nós non fomos máis que ratos de laboratorio!", queixase Hadidi.

Fonte e mais información en Periodismo Humano

Etiquetas