You are hereEsCULcA pede información ao Consello da Avogacía Galega

EsCULcA pede información ao Consello da Avogacía Galega


PROPOSTA DE ASISTENCIA XURÍDICA PENITENCIARIA
28/06/2012

Con data 27 de xuño, o noso observatorio enviou escrito ao Presidente do Consello da Avogacía Galega solicitando información sobre a situación da proposta para a implantación dun sistema de asistencia xurídica penitenciaria que Concepción Arenal e EsCULcA fixeran a este órgano colexiado, directamente e por medio dos Decanos de diferentes Colégios de Advogados. 

Ambas as asociacións mantiveron contactos con autoridades da Xunta de Galiza con competencia en  materia de Xustiza a fin de impulsar a creación dun servizo de asesoramento penitenciario no interior dos cárceres galegos dada a situación de indefensión técnica en que se encontran as persoas presas fronte a Administración Penitenciaria ao non ser preceptiva a intervención letrada até o recurso de apelación, o que impede a designación de letrado/a de quenda de oficio até o proceso penitenciario estar moi avanzado, coas obivas limitacións probatorias que daí decorren.

Nas conversas que as nosas asociacións mantiveron coa Dirección Xeral de Xustiza, esta mostrou a sua disposición a pór os medios necesarios para levar á práctica a proposta sempre e cando o impulso do proxecto procedese da Avogacia.  E, sorprendentemente, este resultou ser o maior obstáculo, por canto, a pesar dos numerosos contactos informais mantidos coas autoridades corporativas colexiais por medio de avogada/os relacionada/os co elas, as súas demandas non tiveron resposta satisfactoria mais que no caso do Colegio de Ourense.

 O Decano deste Colexio presentou a proposta ao Consello de Avogacía en febreiro deste ano e o Consello comprometeuse a levala a exame do Pleno do dia 9 de marzo (segundo comunicación do secretario tecnico a EsCULca). Mais, cando finalmente parecía abrirse unha vía, o silencio volveu a imperar e até hoxe ignoramos cal é a posición dos órganos colexiados as/os letrada/os galega/os.

 Daí que Fernando Blanco Arce, presidente de EsCULcA, solicite agora se nos informe se a proposta foi levada efectivamente a Pleno como se os anunciara, se se adoptou acordo en relación á mesma e, en caso afirmativo, cal é o contido dese acordo.

Ver aqui o escrito.

Etiquetas