You are herePreces con diñeiro público nos hospitais galegos

Preces con diñeiro público nos hospitais galegos


Onde non chegan os recortes
05/08/2012

A condición dos sacerdotes nos centros sanitarios non variou desde 1995, ano en que Romay Beccaría, entón conselleiro de Sanidade, e Gómez González, bispo de Lugo e representante das dioceses galegas, asinaron o convenio cadro para a asistencia relixiosa católica nos hospitais públicos que ainda rexe as relacións entre o Sergas e a Igrexa.

En 2010, o último exercicio do que a Xunta ofreceu datos, eset acordo permitiu financiar con 750.000 euros os servizos relixiosos de 55 curas aos pacientes dos hospitais públicos e das súas familias. A que cantidade chega a partida de 2012 é unha incógnita: nin a Xunta a especifíca nos seus orzamentos nin o Sergas facilitou a cifra a parlamentares do grupo socialista e ao xornal El País que o solicitaron, como tampouco aclara se o persoal de sacerdotes sufriu os recortes que afectaron outros colectivos.

O documento, que tampouco anulou Maria José Rubio, conselleira de sanidade da etapa do bipartito -de feito, prorrogouno cando finalizou a súa vixencia en 2005-, establece na súa primeira cláusula que o Sergas debe "facer efectivo o dereito garantido polo convenio asinado entre o estado español e a Santa Sé con data de xaneiro de 1979 á asistencia católica dos enfermos católicos internados nos centros da rede pública hospitalaria da comunidade autónoma de Galicia". Esta axuda católica consiste, segundo o acordo, na visita aos enfermos e o asesoramento en cuestións "relixiosas e morais" ,a celebración dos actos de culto e a administración dos sacramentos e a colaboración na "humanización" da asistencia hospitalaria. Aínda que a Xunta non aclara cantos curas mantén na actualidade nas clínicas públicas, a figura do capelán está presente en centros de toda Galiza, desde hospitais comarcais como o de Burela a outros de maior tamaño, como o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

 

Mais información aqui.

Etiquetas