09/12/2007

Tal dia como hoxe, 10 de Decembro, hai agora 59 anos, a Asembleia Xeral da ONU aprovava a Declaración Universal dos Direitos Humanos.

Baliza importante sen dúvida no longo e esgrévio proceso de recoñecimento dos direitos das persoas, sexa cal for a sua condición, mais cuxos efeitos distan de ser satisfatórios. O recoñecimento verbal do pleno dos direitos inerentes a todas as persoas, lonxe está de se corresponder con o seu efectivo respeito.

Ler o artigo completo


09/12/2007

“Intentaron saltar os valos fronteirizos de Ceuta e Melilla. Morreron 14 e o resto foron trasladados a unha zona desértica entre Marrocos e Alxeria. Ocorreu en 2005 pero aínda seguen aí sen que os gobernos asuman responsabilidades.”, asi comeza o resumo que publica Vieiros do relatório da Pro-Derechos Humanos de Andalucía sobre a situación actual das persoas migrantes en Oujda (Marrocos).

Ler o artigo completo


08/12/2007

Segundo declaración do embaixador do Governo español no Vaticano, Sr. Vázquez, pois da asisténcia do Ministro de Asuntos Estranxeiros, Sr. Moratinos, à beatificación dos chamados “mártires da guerra civil española” e da Vice-Presidenta, Sra. Fernández de la Vega, ter ao consistório cardenalício (con reveréncia incluída), asi como da sua posterior entrevista con o número 2 da Igrexa católica, “desapareceron as preocupacións dos responsáveis desta entidade: o PSOE non incluirá no seu programa eleitoral mudanzas nos acordos con a Santa Sé nen promoverá o alargamento dos suposto do aborto”, informa Galicia Diario.

Ler o artigo completo


06/12/2007

”Catro manifestantes foron detidos hoxe en Vigo ao termo dunha manifestación contra a Constitución, pola súa presunta participación na queima dunha imaxe do rei, segundo informaron fontes da organización independentista Nós-Unidade Popular.

Os catro arrestados son Santiago Mendes Rodrigues, Crístofer Machado Ibañez, Carlos Pena Neto e Alexandre Bolívar Esteves, e ao parecer, foron detidos ao termo da manifestación que percorreu as rúas de Vigo esta mañá en contra do Carta Magna”, informa GZnación.

Ler o artigo completo


06/12/2007

O Tribunal Europeu de Direitos Humanos resolveu o pasado 27 de Novembro a favor do xornalista Hans Martin Tillack, correspondente en Bélxica da revista alemá Stern, que apresentara queixa contra a polícia belga por vulneración do Artigo 10 (Liberdade de Expresión) da Convención Europea de Direitos Humanos. O xornalista, autor de vários artigos sobre o funcionamento da Oficina Europea contra a Fraude e outras instituicións comunitárias, negara-se a revelar as suas fontes.

Acusado de subornar funcionários, o 19 de Marzo de 2004, a polícia rexistou o seu domicílio e incautou diverso material de traballo.

Agora o Tribunal ampara o direito de Hans Martin Tillack a guardar sixilo –direito que non pode ser retirado, argumenta, en base a unha suposta ilegalidade na obtención de información- e fixa unha indenización de 10.000 euros (por danos non monetários) e outra de 30.000 euros (en conceito de costas e outros gastos).

Ler o artigo completo


06/12/2007

“España fabrica e comércia co armamento mais cruel con a populación civil dun país bombardeado. Duas empresas: Expal (pública) e Instalaza elaboran bombas de ácio capaces de provocaren mutilación até 30 anos despois de teren sido lanzadas. O Governo español non proibe a sua elaboración, uso ou armacenamento a pesar de colaborar no Líbano na limpeza destes explosivos lanzados polo exército israelense o pasado 2006”, informa o xornal Público.

Ler o artigo completo


28/11/2007

A Coordenadora para a Prevención da Tortura, formada por 43 asociacións de diritos civis de todo o estado, elaborou un Proxecto de Mecanismos Nacionais para a Prevención da Tortura en que se recollen, entre outras cousas, os antecedentes da aprovación na ONU do Protocolo Facultativo, as recomendacións de organismos internacionais ao Estado Español e os princípios que deven rexer a criación, designacion e funcionamento dos comités para facer deste novo instrumento unha ferramenta eficaz para desterrar os maus tratos e a tortura da nosa sociedade.

Ler o artigo completo


27/11/2007

“... o pasado dia 31 de Outubro o Congreso dos Deputados aprovou o proxecto de Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, que inclui unha modificación da LSSI con que se pretende dotar as autoridades administrativas de mecanismos legais para censurar a Internete. A lei, cuxo périplo final no Senado ainda é unha incógnita, deixa en maos da autoridade administrativa a apreciación de se un determinado contido afecta ou non a liberdade de expresión.

Especialmente sarcástico é o contido do artigo 11, onde se afirma que “a autorización do secuestro de páxinas de Internete ou da sua restrición cando esta afectar os direitos e liberdades de expresión e información e outros amparados nos termos estabelecidos no artigo 20 da Constituición só poderá ser decidida polos órgaos xurisdicionais competentes”, informa Banda ancha, que salienta a incongruéncia da expresión

"Cando esta afectar", como se toda a Internete non fose unha publicación en que calquer secuestro afecta sempre a liberdade de expresión.”

Ler o artigo completo


26/11/2007

“O Congreso de Deputados do estado español aprovou o Proxecto de lei sobre o controlo do comércio exterior de material de defensa e de dobre uso. O Centre Delàs de Justícia i Pau valora criticamente unha Lei continuista do actual regulamento, que sanciona o secretismo e o comércio de armas, no que o tipo de arma que se exporta, a empresa vendedora e o nome do comparador continuarán sendo secretos.”

Ler o artigo completo


26/11/2007

”O deputado do BNG, Iago Tabarés, solicitou hoxe á Consellaría de Presidencia que informe sobre as previsións que manexa para a constitución dun mecanismo de prevención da tortura e outros tratamentos ou penas degradantes ou inhumanas, que sería pioneiro no Estado.

Iago Tabarés lembra que a creazón do dito mecanismo foi acordada por unanimidade na Cámara galega o pasado mes de Marzo, sen que até o de agora se teña constancia de que se dera algún paso para efectivizar o dito acordo”, informa GZnación.

Ler o artigo completo