16/08/2007

“Um site com uma nova ferramenta virtual indica que usuários de computadores da CIA (agência de inteligência americana) e do Vaticano estão entre os responsáveis por edições nos textos do site Wikipedia, um dos mais populares do mundo para pesquisas na internet”, informa MSN-Notícias.

Un porta-voz da CIA dixo non poder confirmar se persoas que usan computadores da axéncia entraran de feito na wikipedia, mais enfatizou que "a CIA ten unha misión vital na protección dos Estados Unidos e o foco da axéncia está aí, nese traballo decisivo". A CIA, o Vaticano, Diebold (empresa relacionada con a suposta fraude eleitoral de Bush), o partido Democrata dos EUA, entre outros, “corrixiron” informacións sobre Mahmoud Ahmadinejad, Jerry Adams, Walden O’Dell, etc.

Ler o artigo completo


15/08/2007

Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, foi condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización ao xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, logo de que este o denunciase por unhas presuntas 'inxúrias', informa GZnación.

Eduardo Álvarez, que apresentou recurso de apelación perante a Audiéncia Provincial por "se teren conculcado gravemente direitos fundamentais", afirma que a sentenza foi ditada à medida do denunciante. "Eu xa estava condenado de antemán", subliña, aludindo às declaracións feitas por Fraga Mandián en que anunciava que se ia comprovar "cal é o custo de inxuriar un xuiz" (La Voz de Galicia, 29.07.07).

Ler o artigo completo


12/08/2007

O pasado dia 7 de Agosto, Sophie Int’t Veld e Graham Watson, membros de Grupo Democrático Liberal do Parlamento Europeu (ALDE), dirixiron à Comisión e o Consello unha pergunta en que manifestan a sua preocupación sobre o eventual impacto que a nova lei aprovada polo Congreso dos EUA en relación con o controlo das comunicacións electrónicas e telefónicas pode ter sobre o direito à intimidade dos cidadáns e cidadás europeus. A Foreing Intelligence Surveillance Act, lembran, dá carta branca às autoridades estado-unidenses para interceptar as comunicacións con persoas residentes fora dos EUA, decisión unilateral que lles permite alargar o controlo fora do seu território.

Ler o artigo completo


12/08/2007

“A Delegación do Goberno enviou nos pasados días un escrito ao Movemento polos Dereitos Civís onde non nega que se grava a detidos de forma irregular. Estas afirmacións da institución estatal veñen a dar resposta a unha pregunta do MpDC sobre as supostas gravacións dos detidos que son obtidas de xeito irregular nas actuacións dos Corpos e Forzas de Seguridade. Esta actuación, que vulnera a Lei de Videovixiancia e a de Protección de Datos, foi recoñecida polo voceiro dun sindicato policial nun telexornal dunha cadea estatal recentemente”, informa o Movemento polos Dereitos Civis.

E, paradoxalmente, a Delegación do Governo ampara-se na defensa da intimidade das persoas detidas, e supostamente gravadas, para non esclarecer se existen –ou non- estas gravacións irregulares feitas con telefonos móveis ou cámaras dixitais dos própios axentes.

Ler o artigo completo


12/08/2007

O pasado dia 7, vários políticos monaguescos cuxas caricaturas apareceron nunha publicación electrónica (Monaco Politic Circus) apresentaron queixa contra o seu responsável, Marc Giacone, por supostas inxúrias. Entre os caricaturizados está o príncipe Alberto, que aparece nunha fotografia con un nariz vermello e definido como “Xefe Pallaso Sedutor”. O autor do sítio web, cuxo aceso foi suspendido, tivo de pedir perdón a “todas as persoas que insultou” e enfrenta agora unha petición de seis meses de prisión mais unha multa de 1.500 euros por “ofensa ao xefe do estado”, informa La República.

“É a primeira vez que se vai tan lonxe nun atentado ao soberano”, afirmou Gerard Dubes, fiscal do caso.

Ler o artigo completo


08/08/2007

Na Orde de 17 de Xullo de 2007, que regula a relación laboral do profesorado de relixión, a Consellaria de Educación da Xunta de Galiza estabelece diversas funcións de “dinamización” (das novas tecnoloxias da información e comunicación, da biblioteca, da convivéncia escolar, da mellora da calidade educativa, de programas internacionais) que este tipo de docentes poderá realizar nos centros de ensino públicos.

A disposición foi xa denunciada por vários colectivos que entenden que atribuir a estes docentes -pagados con fondos públicos para transmitir unha fé e contratados por un procedimento especial en que teñen un papel decisivo as hierarquias eclesiásticas- funcións do profesorado regular afonda no despropósito que a sua presenza supón no sistema educativo público.

Ler o artigo completo


08/08/2007

“Queremos expresar a nosa profunda preocupación pola actual política do Ministério de Interior a respeito dos cidadáns iraquianos que chegan ao noso país”, manifesta un numeroso grupo de asociacións humanitárias gregas que denuncian a detención e repatriación a Turquia de persoas iraquianas que son muitas veces deportadas despois ao Iraque.

“Esta política viola os direitos das persoas solicitantes de asilo e a lexislación internacional en matéria de direitos humanos”, salientan as asociacións asinantes do documento. “As persoas que chegan a Grécia, incluindo famílias inteiras e menores non acompañados, necesitan protección internacional e non se pode portanto aplicar-lles os procedimentos administrativos de expulsión ordinários”.

Ler o artigo completo


06/08/2007

O secuestro do último número da revista marroquina Nichane e da sua irmá en francés Tel Quel, foi devido, segundo afirmou o primeiro ministro Driss Jettou, à publicación dun editorial e dun conxunto de artigos con expresións que “van contra os costumes e o moral público, ofenden os sentimentos dos musulmanos e constituen un incumprimento ao respeito devido à Sua Maxestade o Rei”.

Lembremos que Nichane fora xa suspendida temporalmente no mes de Xaneiro por un Tribunal de Primeira Instáncia de Casabranca, que condenara asi mesmo o que era na altura o director da publicación, Driss Ksikès, e a xornalistas Sanaa al Aji a tres meses de prisión e a unha multa de 80,000 dirhams por “atentaren contra a rexilión musulmana”.

Ler o artigo completo


06/08/2007

“A Cámara de Representantes norteamericana aprobou un proxecto de lei que dá temporalmente poder ás axencias de espionaxe do país para realizar escoitas sen autorización xudicial, despois de que o Senado dese o venres o seu visto e prace. A Cámara ratificou a proposta por 227 votos a favor e 183 en contra, co que deu un triunfo ao presidente de EEUU, George W. Bush, que describiu esa autorización como esencial para protexer ao país.

O proxecto de lei, que entrará en vigor coa firma de Bush, permite escoitas de chamadas telefónicas, así como interceptar correos electrónicos, de persoas en Estados Unidos que se comunican con individuos no estranxeiro. Para iso é necesario tan só que o director nacional de intelixencia e o fiscal xeral aproben as escoitas”, informa GZnación.

Ler o artigo completo


06/08/2007

“Perto de dous anos depois dos dramáticos acontecimentos de Setembro-outubro 2005, cando 11 persoas foron abatidas a disparos polo simples feito de tentaren ultrapasar os valos que as separavan dos dous enclaves de Ceuta e Melilla, duas persoas mais morreron na noite do 30 ao 31 de Xullo 2007 por disparos das forzas da orde marroquinas cando tentavan embarcar nas costas de Laaioune, ao sul de Marrocos. Outras duas persoas estarian seriamente feridas.

Alguns dias antes, en Oujda, as forzas de seguranza marroquinas lanzaran unha grande operación de limpeza contra nacionais de países subsaarianos (migrantes e solicitantes de asilo) asentados no campus universitário. Esta nova operación de envergadura deu como resultado a detención de mais de 450 persoas.”, asi comeza o escrito en que un nutrido grupo de asociacións de direitos humanos denuncian a situación das persoas subsaarianas nas zonas fronteirizas de Marrocos e esixen unha investigación séria e imparcial destes graves acontecimentos.

Ler o artigo completo