06/11/2014

Enhttp://esculca.net/web/sites/default/files/NdP - El asalto al Mavi Marmara fue crimen de guerra según la CPI.pdf"> Resolución feita pública o 6/11, a Corte Penal Internacional da Haya decreta que os soldados israelistas cometeron homicidios intencionados, subliña que a Faixa de Gaza sofre unha ocupación de facto e incide na protección debida a todas as persoas que participen nunha flotilla pacífica. Laura Arau, unha das pasaxeiras do buque, insta o goberno español a actuar conforme á lei e abandonando a súa complicidade con Israel.

Ler o artigo completo


Considera "dato relevante" a oposición do penal
05/11/2014

O fiscal superior de Castela e León, Manuel Martín-Saraiba, confirmou hoxe que a Fiscalía Provincial de Valladolid «está a estudar» a posibilidade de recorrer a concesión do terceiro grao penal ao expresidente balear Jaume Matas, outorgado por Institucións Penais. Recoñeceu que é un «dato relevante» o feito de o propio cárcere se ter oposto á concesión do terceiro grao.

Ler o artigo completo


"Hai que estar preparados para todo"
05/11/2014

Oficiais e tropa destinados no Rexemento de Cabalaría Lixeiro Acourazado Lusitania nº8 (Valencia), foron instruídos en exercicios de "control de masas" civís con material antidisturbios convencional, durante as semanas centrais do pasado outubro,  informa o xornal Público citando fontes militares que califican esta formación de inédita e estraña.

Ler o artigo completo


Nas protestas de marzo en Vigo
05/11/2014

A Subdelegación do goberno español está a remitir multas de aaté 150 euros a mariñeiros e armadores da frota do cerco que tomaron parte na manifestación do 6 de marzo en Vigo.  Segundo a Subdelegación os feitos denunciados pola policía española e que son obxecto da sanción, consisten en "desordes leves" mais a falta que se lles atribúe aos cerqueiros son calificadas como "graves"

Ler o artigo completo


"actitude chula e fachendosa" do policía municipal
04/11/2014

O Sindicato Unificado de Policía denuncia a "obstrución" da Policia Local de Poio por multar un dos seus axentes durante unha intervención contra o crime organizado. Os feitos tiveron lugar o pasado 3 de outubro, cando funcionarios do C.N. de Policía de Pontevedra, con motivo dunha investigación, tiveron que trasladarse ao municipio de Poio.

Ler o artigo completo


Foran denunciados por Galicia Bilingüe
04/11/2014

A sección 5ª da Audiencia Nacional de Pontevedra arquivou o caso aberto en 2008 contra tres militantes da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) como alegados autores de Vilingüismo, un audiovisual de animación en que se denunciaba parodicamente a españolización lingüística da mocidade centrando a parodia no grupo Galicia Bilingüe,

Ler o artigo completo


CAMPANHA DE RECOLHIDA DE APOIOS
04/11/2014

AED (Advogados Europeus Democratas) promove umha campanha de recolhida do maior número possível de apoios em todos os países da Unión Europeia para reclamar às autoridades à adoçom de uma diretiva europeia relativa à identificaçom dos agentes de polícia, sobre a base da precedente recomendaçom do Parlamento Europeu.

Ler o artigo completo


Constatan falta de medidas efectivas
01/11/2014

No cadro do 153 período de sesións da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos,  o Relator Especial sobre a situación dos defensores dos DDHH da ONU, Michel Forst, e o Relator sobre os dereitos das defensoras e defensores de DDHH da CIDH, J.J. Orozco Henríquez, mostraron preocupación pola persistencia de asasinatos, ameazas e fustigamento a activistas.

Ler o artigo completo


A Fiscalia detecta numerosas irregularidades
01/11/2014

A raiz dunha denuncia das persoas afectadas, a fiscalía de Vigo chamará a declarar os axentes da Garda Civil que sancionaron preferentistas por supostas infraccións de tráfico cometidas en xuño de 2013 no municipio do Rosal, nunha das épocas de maior fragor na protesta da plataforma de afectados da comarca de Baixo Miño ante o consistorio local.

Ler o artigo completo


E manipular expedientes sancionadores
31/10/2014

O xulgado contencioso-administrativo da Coruña condena a Subdelegación do Goberno por vulnerar o dereito de defensa e de liberdade de expresión e o dereito de reunión do portavoz parlamentar do BNG , Francisco Jorquera, demostrando que non respectou dereitos fundamentais básicos nunha democracia e dar instrucións á policía para facer denúncias non fundamentadas.

Ler o artigo completo