Vídeo difundido por El País
17/03/2013

Dez anos depois do comezo da guerra do Iraque, saen à luz probas de brutal maltrato a dous prisioneiros iraquianos inflinxido por soldados do exército español. Segundo informa El País, os prisineiros eran custodiados por soldados do corpo de guarda sen formación específica. "A tentación de tomar a xustiza pola man era grande", recoñece un soldado que estivo en Irak.

Ler o artigo completo


Pessoas do bairro rodeiam a esquadra
17/03/2013

Ao final da noite de sábado, a PSP admitiu que fez disparos “de intimidação” na direção do jovem de 18 anos que morreu na sequência da perseguição policial e dos disparos da polícia quando circulava de motociclo, no bairro da Belavista, em Setúbal. Pessoas do bairro revoltaram-se, rodearam a esquadra e incendiaram caixotes do lixo.

Ler o artigo completo


Caderno de Análise coordenado por EsCULcA
14/03/2013

Na edición do 15/03, o Caderno de Análise que publica o semanario Sermos Galiza é dedicado ao exame das restricións que sofren as liberdades. O monográfico, coordenado por EsCULcA, inclui artigos de análise das políticas restritivas dos gobernos e o papel dos organismos internacionais, así como testemuños das persoas afectadas por esta situación.

Ler o artigo completo


Xornadas da CPDT en Compostela - Organiza EsCULcA
14/03/2013

"Cámara oculta: novas políticas de violencia institucional" é o título das xornadas anuais da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) que este ano decorrerán en Compostela, organizadas por EsCULcA, os próximos días 22 e 23. As palestras e debates terán lugar no salón de actos do Colexio de Avogados e a entrada é libre.

Ler o artigo completo


Aparecen fotografias de persoas non condenadas
13/03/2013

O pasado 11 de marzo, EsCULcA dirixiu escrito à Fiscalía da Audiencia Nacional para solicitar arquivo das dilixéncias preprocesuais abertas a catro persoas pola gravación dun vídeo en que aparecen fotografias de persoas imputadas por actos de diversa natureza. O vídeo é parte das actividades con que un Centro Social do Xinzo celebra o seu aniversario.

Ler o artigo completo


Em prisom preventiva fora da Galiza desde 2012
12/03/2013

Colectivos de apoio a persoas presas convocam diversos actos de apoio a Xurxo Rodríguez Olveira, que será julgado o próximo 15 de março nos julgados de Compostela. O jovem foi transladado desde o penal de Alcalá-Meco, onde está em prisom preventiva desde setembro de 2012, ao cárcere de Teixeiro numha viagem que se prolongou 5 dias.

Ler o artigo completo


Contra a criminalización da solidariedade
11/03/2013

O pasado 5 de marzo, o Foro Galego de Inmigración entregou aos grupos do Parlamento Galego o texto “Salvemos a Hospitalidade" solicitando sexa levado a debate en pleno. A moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis.

Ler o artigo completo


Un vídeo contradi a versión oficial
11/03/2013

Un vídeo mostra que unha embarcación da Garda Civil levou por diante na madrugada do 13 de decembro unha patera con 25 inmigrantes marroquínos fronte á costa de Lanzarote. A versión oficial facía recaer todas as culpas no patrón da patera, imputado por facer manobras de risco. Ningún axente da GC deberán responder diante da xustiza.

Ler o artigo completo


Denuncia Sindicato de Jornalistas
10/03/2013

O SJ denuncia a busca realizada pela PJ em casa do jornalista Manso Preto durante a qual foram apreendidos computadores e outro material. A busca não foi presidida por um juiz de instrução, nem acompanhada pelo presidente do Sindicato, “ao contrário do que determina o Estatuto do Jornalista, e apesar de Manso Preto ter invocado o segredo profissional”.

Ler o artigo completo


Aparecen nun video con fotografias de persoas presas
08/03/2013

O vídeo musical, gravado nas rúas da Xinzo para conmemorar os sete anos de actividade do centro social Aguilhoar, mostra fotografias de persoas independentistas presas que nunca foron condenadas por pertenza a organización terrorista. A pesar diso a fiscalía entende que a súa exhibición pode ser considerada "enaltecemento do terrorismo".

Ler o artigo completo